luns, 13 de abril de 2020

venres, 3 de abril de 2020

DIPLOMA #QUEDANACASA

#QUEDANACASA
Os vagalumes de 4 anos, dende a súa casa fixeron un traballiño ben chulo, un diploma por pasar o seu primeiro estado de alarma na casa portándose cómo só eles saben facer.
 UN APLAUSO moi especial para estes cativos!!!!!





















venres, 20 de marzo de 2020

#QuedaNaCasa

Algúns dos vagalumes están facendo uns fermosos arcos da vella para demostrar que eles son fortes, valentes,... e animar a todo o mundo porque desta situación sairemos se todos facemos coma eles: QUEDAR NA CASA











venres, 13 de marzo de 2020

ACTIVIDADES PARA ESTES DÍAS DE CRISE

Ola familias!!!
Estamos pasando por unha situación excepcinal da que sairemos todos xuntos. Nós como adultos entendémolo, pero para os nosos vagalumes... é difícil de entender e tamén de explicar. 
No debemos agobiarnos nin agobialos, pero sí teñen que saber o que pasa, xa que situación é, cando menos, atípica (non hai cole pero tampouco estamos de vacacións,...)
Pero aquí irémosvos propoñendo actividades tipo que podedes realizar estes días, sempre adaptándoas á vosa casuística. Non son obrigatorias, pero sí aconsellables para non perder o ritmo. 
De momento, deixámosvos este conto que vos pode axudar un pouquio e explicar que é o CORONAVIRUS


xoves, 12 de marzo de 2020

Cumpreanos de Martín

Hoxe foi o cumpreanos de Martín, que xa ten 6 aniños!!!
Que nos facemos maiores....

Sopremos a super-vela que trouxo, démoslle biquiños, comemos a tarta, que por certo estaba riquísima e comémola case toda, e fixémoslle un agasallo.

Ademáis tamén nos trouxo unha bolsiña de chuches. Moitas grazas Martín.

MOITAS FELICIDADES!!! QUERÉMOSTE.







mércores, 11 de marzo de 2020

Cata de queixos

Outra sorpresa hoxe, jaja, para os vagalumes maiores. 
A mamá de Gabriel mandounos unha superbandexa de queixo de vaca, de ovella e de cabra!!!

O que máis nos gustou ao vela foron os palitos, jajaja. Pero fomolos probando todos e...