luns, 30 de xaneiro de 2023

Día da Paz polos vagalumes maiores

 Que ben o pasamos na nosa xornada de PAZ. O mellor... o chiculate, que nos prestou de marabilla para correr a friaxe do día, jaja. E tamén fixemos uns colgantes moi chulos


luns, 23 de xaneiro de 2023

sábado, 21 de xaneiro de 2023

Eu ser...

Seguimos co proxecto do Indios, logo dun tempo "medio parado" por mor das faltas de asistencia. Pendente do primeiro trimestre quedounos por rematar o noso nome indio. Aquí está, os vagalumes mariores somos...

luns, 9 de xaneiro de 2023

Agasallos no cole!!!

 Que sorpresa nos levamos hoxe os vagalumes maiores; os Reis Magos pasaran polo cole e deixáronnos regalos!!! E tamén na casa de Sofía nos deixaron un paquetiño para cada un.


venres, 23 de decembro de 2022

Actuacións de Nadal

 Que ben o pasamos onte no Festival de Nadal. Aquí vos deixamos o enlace ás nosas actuacións, pero na páxina do centro podedes acceder a todas as actuacións. 

SANTA CLAUS LLEGÓ A LA CIUDAD

A NOITE DE REIS

BUSCANDO UNHA ESTRELA

CAMPACHUCHES

E para tod@s vos, que teñades UN BO NADAL

Nadal doce en 6º EI

 Que sorte temos con estas familias!!! No mes de Nadal merendolas ricas para compartir cos compis!!! Grazas Clara, Zoe e Zule, e familias

xoves, 22 de decembro de 2022

Visita dos Reis Magos

Hai escasos minutiños que nos visitaron as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente!!! E traian agasallos para tod@s!!! Quedamos alucinad@s


martes, 20 de decembro de 2022

FELICIDADES EMMANUEL

 Hoxe celebramos que o noso compañeiro Emmanuel fixo catro aniños. Cantamos, soplamos a vela do catro e comimos chuches e por suposto démoslle un montón de apertas. PARABÉNS EMMANUEL!!!!






Carteiro Real

Hoxe visitounos o Carteiro Real, eu recoller as nosas cartas para os Reis Magos. Que nervios!!!


luns, 19 de decembro de 2022

Parabéns Martina Castro!!!

Hoxe tocou festa na aula dos vagalumes maiores. Martina estivo de cumpre onte e hoxe tocou celebralo no cole. 


luns, 12 de decembro de 2022

mércores, 30 de novembro de 2022

Parabéns Lía & Lúa

Hoxe foi día de festa na aula dos vagalumes maiores. Lía e Lúa xa teñen 6 aniños!!! 


FELIZ CUMPRE XAILA

 Hoxe celebramos o cumpreanos da nosa benxamina Xaila, que ilusión!!!! 

Sacamos moitas  fotos,  cantamos e démoslle un montón de apertas. 

MOITAS FELICIDADES XAILA!!!

luns, 7 de novembro de 2022

Parabéns Sofía!!!

Hoxe foi día de festa para os vagalumes maiores. Sofía estivo onte de cumple e hoxe quixo celebralo no cole. 

martes, 1 de novembro de 2022

Samaín 2022

Que ben o pasamos estes Samaín 2022. Foi moi divertido, aínda que botamos de menos aos vagalumes que estaban "maliño" e acordámonos moito, moito deles e témoslles gardados uns agasallos que nos deixou un bruxo e unha momia que adiveron polo cole.

Novembro

 

martes, 18 de outubro de 2022

Visita á horta

Hoxe iniciamos temporada de horta, nesta primeira visita tocaron labores de limpeza. Pasámolo xenial e temos que volver porque aínda non rematamos.