domingo, 29 de novembro de 2015

venres, 27 de novembro de 2015

Eu son...

Días antes estivemos traballando con Noelia o noso nome, de donde somos, como somos,... e fixemos un libriño moi fermoso que lle regalamos a Noelia. Aquí volo deixamos para que vós tamén o poidades ver 















luns, 23 de novembro de 2015

Proxecto O nome

Hai un tempo que estamos traballando sobre o noso nome, coa axuda de Noelia. Por problemas "técnicos" as entradas relacionadas co tema estaban invisibles, penso que agora xa está solucionado. Para poder velas só tedes que premer na etiqueta Proxecto O nome ou na seguinte imaxe, que vos levará a todo o traballado sobre o tema.

Por que me chamo así?

Papá e maña axudáronnos a "investigar" por que nos chamamos así; cubrimos unha fichiña e mirade que libro dos nomes máis chuli nos quedou.


mércores, 18 de novembro de 2015

Cloe está de cumpreanos!!!


Hoxe foi o cumpreanos da vagalume Cloe que xa ten catro aniños. Os "minions" invadiron a nosa aula... gracias a súa mamá, que preparou este botiños tan chulos cheos de chuches.
Peron tamén houbo tarta: unha biscoito riquísimo.
Entre música, bicos, abrazos, felicitacións,... axudámoslle a CLOE a disfrutar do seu día.





martes, 17 de novembro de 2015

Abecedario

Despois de tanto traballo, xa estamos listos para ordenar os nosos nomes alfabeticamente. Fixémolo de varios xeitos e saiunos moi ben, iso que tamén mesturamos os nomes dos profes.

COAS TARXETAS DOS NOMES (colocándoas por orde fixándonos no verme das letras)



COAS LETRAS DE ESPUMA (buscamos a nosa inicial e logo colocámonos por orde)



E CO VERME DO ABECEDARIO (que construimos so coas iniciais dos nosos nomes)


E PARA FINALIZAR ESTA ACTIVIDADE....  contamos cantos nomes empezan por cada inicial e escribímolo nunha táboa do abecedario. 






Noe cumple 4 aniños!!


Hoxe festexamos o cumpreanos da vagalume Noelia, que xa ten 4 aniños.

Foi o día de Noelia e nós fixémolo especial para ela. Axudámoslle a soprar as candeas da tarta de Frozen que fixo a súa mamá, démoslle moitos, moitos bicos porque tamén nos trouxo chuches, cantámolles o "cumpreanos feliz" e.... comemos a tarta que estaba riquísima!!!






luns, 16 de novembro de 2015

domingo, 15 de novembro de 2015

Festexando o DÍA DO PEÓN 2015

O pasado mércores día 11 foi o día de San Martiño e... polo San Martiño, Peóns ao camiño. E os vagalumes sacamos os nosos peóns para pasar un anaco divertidísimo festexando o DÍA DO PEÓN.



venres, 13 de novembro de 2015

Móbil coa inicial

E seguimos traballando coa inicial. Nesta ocasión fixemos uns "monicreques"  moi simpáticos. Coñecédes a algún?


Despedimos a Noelia e a Paula

Hoxe os vagalumes de 4 e 5 anos estamos un pouquiño tristes, pois tivémonos que despedir de Noelia e Paula, que xa remataron o seu período de prácticas. Démoslles moitos agasallos e moitos bicos e apertas.



Non lles dicimos adeus, senón ata pronto porque estamos seguros que non tardarán moito tempo en vir a vernos e axudarnos a facer cousas tan bonitas e especiais como as que fixemos estes días con ela. E xa estamos desexando que volvan.
































A inicial do meu nome

Hoxe tocou unha actividade que nos gustou moitísimo. Fixemos a inicial do noso nome con plastilina para logo facer un colar, porque temos unha plasti máxica que se pon moi dura unha vez que seca.
Noelia e Diana colocaron os moldes das letras no chan e nós tivemos que buscar a nosa inicial para facela coa plasti.



 E agora toca agardar a que sequen para facer o colar.


xoves, 12 de novembro de 2015

Abecedario

Días antes estivemos traballando o abecedario. E hoxe quixemos facelo dun xeito especial. Fixemos as letras co noso corpo...