venres, 13 de novembro de 2015
Despedimos a Noelia e a Paula
Hoxe os vagalumes de 4 e 5 anos estamos un pouquiño tristes, pois tivémonos que despedir de Noelia e Paula, que xa remataron o seu período de prácticas. Démoslles moitos agasallos e moitos bicos e apertas.
Non lles dicimos adeus, senón ata pronto porque estamos seguros que non tardarán moito tempo en vir a vernos e axudarnos a facer cousas tan bonitas e especiais como as que fixemos estes días con ela. E xa estamos desexando que volvan.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario