martes, 17 de novembro de 2015

Abecedario

Despois de tanto traballo, xa estamos listos para ordenar os nosos nomes alfabeticamente. Fixémolo de varios xeitos e saiunos moi ben, iso que tamén mesturamos os nomes dos profes.

COAS TARXETAS DOS NOMES (colocándoas por orde fixándonos no verme das letras)



COAS LETRAS DE ESPUMA (buscamos a nosa inicial e logo colocámonos por orde)



E CO VERME DO ABECEDARIO (que construimos so coas iniciais dos nosos nomes)


E PARA FINALIZAR ESTA ACTIVIDADE....  contamos cantos nomes empezan por cada inicial e escribímolo nunha táboa do abecedario. 






Ningún comentario: