xoves, 4 de maio de 2017

Recuncho das abellas 5 anos

Os vagalumes de 5 anos tamén temos o noso recuncho das abellas, que vai medrando día a día coas cousiñas que nos van mandando as familias. Ainara e Noelia trouxeron mel que xa estamos desexando probar, José trouxo unhas cartas de Maya para formas parellas que nos molan un montón, Icía trouxo o traxe do apicultor e varios apeiros, Noelia tamén trouxo un anaquiño dunha colmea  e moita información sobre as abellas; e tamén temos unha colmea que nos trouxo Elba e Nadya. Mirade, mirade...













Ningún comentario: