xoves, 26 de febreiro de 2015

Contacontos Kalandraka

Onte tivemos a honra de contar no colexio con Patricia e Álex, dous magníficos contadores de contos que nos fixemos pasar un bo anaco divertido léndonos contos da editorial Kalandraka.
Léronnos varios contos "SACAPENAS", "TÍO LOBO" e "ONCE DAMAS DIVERTIDAS".

E tamén nos agasallaron cun "sacapenas" para cada aula para que nos axude a superar os nosos medos.


E invitáronnos a facer un sacapenas para cada un de nós. Xa estamos "mans á obra", así que nos vindeiros días amosarémosovos o resultado.

Ningún comentario: