As vagalumes de 4º de Infantil facemos o noso particular Camiño dende O Cebreiro ata Santiago para acadar a Compostela. Queres velo? Pincha na imaxe
mércores, 17 de febreiro de 2021
Xan Pericán e as vagalumes de 4º de Infantil
O pasado venres Xan Pericán mandou uns vídeos ao cole porque este ano non poido vir a causa dos cerres perimetrais, pero non quixo deixar pasar este Entroido se os seus mandadiños. Queredes ver os vídeos? Pinchade aquí. No cole temos tamén unha réplica súa pois tamén quixo estar presente aínda que non fose en persoa. E nós fixémolos moi moi ben. Mirade que guapas estamos cumprindo as súas ordes:
Entroido ou unicornios???
Pero que chulas quedaron as nosas máscaras de unicornios!!! E que guapas estamos con elas. Engadimos tamén aquí a foto de Zoe que a fixo o venres
xoves, 11 de febreiro de 2021
Traballiños coa profe Raquel
Coa profe Raquel as vagalumes de 4º EI fixemos moitas cousiñas. Dúas delas son estes gorros de inverno e estes pingüíns que nos quedaron chulísimos, non si?
Buscando triángulos
Cumple de Alejandra
Este mes de febreiro comezamos forte coas celebracións. A primeira delas foi o cumple de Ale. Parabéns!!
venres, 29 de xaneiro de 2021
Cumple de Juan
Hoxe estamos a festexar o cumple de Juan, está aínda mañá de cumple pero como non temos cole, adiantamos a celebración! O mes de xaneiro estivo cheo de cumples pero o de febreiro, pouco atrás se queda!! E nos encantad@s!
luns, 25 de xaneiro de 2021
Preparad@s para o duro inverno
Este xaneiro do 2021 o que podemos recordar del é o montón de temporais que viñeron! Nos, como somos previsores, xa nos preparamos e estamos listos para os que veñan, aínda que nos gusta mais o bo tempo eh!!
Cumple de Fani
E hoxe... seguimos festexando!
Hoxe tocoulle o turno a Fani, que estivo onte de cumple pero non podíamos deixar de festexar aínda que sexa un día despois!
Como sempre que hai un cumple, hoxe tamén cantamos, bailamos e fixemos un debuxo de agasallo para a cumplerañera!
Cumple de Mateo
Este més estamos cheos de celebracións! Encántanos celebrar cumples porque festexamos que nos facemos maiores, os máis maiores de infantil!!
A semana pasada celebramos o cumple de MATEO.
venres, 22 de xaneiro de 2021
Cumpre de Noa
Na clase de 5º de E.I. non paramos de festexar, hoxe o cumpreanos da nosa Noa que fai cinco aniños. Estos vagalumes fanse maoires!!!
Sacamos moitas fotos e cantamos e rimos moito co noso Oto que tamén quixo que lle puxéramos unha coroa de cumpre. MOITOS PARABÉNS NOA!!!!
luns, 18 de xaneiro de 2021
CUMPRE DE ANTÓN
Na clase de 5º de E.I. non paramos de celebrar. Hoxe foi o cumpreanos de Antón (estos peques fanse maiores!!) Como facemos sempre cantamos sacamos fotos e debuxamos. PARABÉNS ANTÓN!!!
domingo, 17 de xaneiro de 2021
CUMPREANOS MATEO
O outro cumpreanos que celebramos foi o de Mateo, no que sacamos fotos todos coa tarta ( por certo o noso Oto tamén se apuntou jaja..) e fixemos o libro cos debuxos de regalo.
FELICIDADES MATEO!!!
CUMPRE DE LÍA
Nesta semana pasada celebramos dous cumpreanos na aula de 5º de E.I. O de Lía que é a maior do grupo e xa fixo 5 aniños. Sacamos fotos coa nosa super tarta e fixemos un libriño cos debuxos que lle regalamos.
MOITAS FELICIDADES LÍA!!!
martes, 12 de xaneiro de 2021
Volvemos!!!
Xa estamos de volta no cole! Despois dunhas merecidas vacacións cheas de agasallos e bos momentos en familia voltamos á nosa clase de 6º de infantil e que mellor maneira para volver que abrindo uns agasallos que tiñamos debaixo da árbores!
Tamén, celebramos o cumple de Lara, que estivo de cumple o día 2 pero non podíamos pasar sen celebralo na clase!!

Agasallos para levar á casa
Agasallos para á clase
luns, 11 de xaneiro de 2021
Agasallos de...
Alguén pasou polo cole durante as vacacións e deixounos moitos agasallos: para nós para a casa e para o cole. Non sabemos se foi o Apalpador, Papá Noel ou os Reis Magos. Fose quen fose só podemos decirlle que moitas, moitas grazas e que nos puñemos moi contentas cos agasallos.
domingo, 27 de decembro de 2020
O Nadal en 4º EI
Canto nos gustan estas datas!!! Cheas e maxia e ilusión. As dúas últimas semanda foron moi intentas, jaja, para as vagalumes de 4º de Infantil. Fixemos a carta para os Reis Magos porque veu ata o cole o CARTEIRO REAL, ensaiamos moito no noso baile para a GALA ANTICOVID, visitamos o BELÉN que hai na estrada do cole, fixemos varias manualidades como un APALPADOR móbil e outro nun bote de cristal con neve, visitounos o APALPADOR e rematamos coa gala ANTICOVID e posterior despedida con badaladas e brinde incluído.
luns, 21 de decembro de 2020
venres, 18 de decembro de 2020
mércores, 9 de decembro de 2020
Chega o Nadal
Xa no mes de decembro e está chegando esa data que todas estamos esperando con ansias: O NADAL!!!
Como non podía ser doutro xeito, este ambiente navideño está chegando á nosa aula. Mirade que porta máis chuli temos e hoxe adicámonos a poñer a árbore:





























