E agora que temos os triángulos todos... pois xogamos un anaquiño con eles: clasificámolos por cores: azul, amarelo e vermello e por tamaños: grande e pequeno, e probramos a facer o seu contorno usando o propio triángulo
xoves, 11 de febreiro de 2021
Buscando triángulos
Non sabemos o que pasou durante o recreo na aula das vagalumes de 4º. Os bloques lóxicos estaban todos tirados no chan, bueno todos non porque os círculos xa os tiñamos gardadiños. Buscando pola aula atopamos unha gabeta na que había un triángulo e rapidiñonos demos conta!!! Había que buscar os triángulos e poñelos todos na gabeta e... "meu dito, meu feito":
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario