martes, 18 de outubro de 2022

Visita á horta

Hoxe iniciamos temporada de horta, nesta primeira visita tocaron labores de limpeza. Pasámolo xenial e temos que volver porque aínda non rematamos. 

luns, 17 de outubro de 2022

PARABÉNS DIEGO

Hoxe tivemos festa na aula dos vagalumes de 4º e 5º de E.I. O noso Diego fixo catro aniños, para celebralo cantamos e démoslle un montón de apertas. Grazas polas chuches Diego e MOITAS FELICIDADES!!!

venres, 7 de outubro de 2022

Bimba, a mascota de 6º EI

Que contentos estamos os vagalumes de 6º de Infantil!!!. Hoxe, á volta do recreo tiñamos visita na aula. E sabedes que foi o mellor desta visita? Pois que viña para quedar connosco e ir de visita ás nosas casas. Aiii... que guay... que content@s nos puñemos... 
Démoslle a benvida dun achuchón enorme e unha gran foto en grupo e.. emprendeu visita para a casa de Carla, xa vos contaremos como lle vai; de seguro, que o pasará pipa. 


Día do Sorriso

Sabedes que día é hoxe? Mirade o suadoiro que trae Sheila e atinaredes...

Hoxe é o Día do Sorriso e ten só levamo dúas horiñas de cole e non fixemos máis que rir e rir, e que megaguapos vimos cos beizos pintados para descatar o noso sorriso. Rimos ao entrar, rimos nas rutinas, na merenda,... bueno, o certo que é somos moi risueños tódolos días😏😏


xoves, 6 de outubro de 2022

Practicando Ioga

Onte tivemos un taller de IOGA no que nos achegamos un pouquiño ao Ioga Tibetano da man de Sara. Que ben o pasamos!!! Mirade mirade... (preme na foto e verás mais)


Graciñas Sara!!!


CUMPRE DE MARTÍN MEIJIDE

Hoxe estivemos de festa porque o noso compi Martín Meijide cumpriu 4 anos. Sacamos fotos coa nosas mascotas e repartimos as chuches tan guais que nos regalou e por suposto cantámoslle o cumpreanos feliz.

MOITAS FELICIDADES MARTÍN!!!!!


luns, 3 de outubro de 2022

Parabéns Zule!!

Cun pouquiño de retraso amosámosvos as fotos do cumpreanos da vagalume Zulema, de 6º de Infantil. Estivo de cumpre nas vacacións pero quixo celebralo con nós no cole. 


domingo, 18 de setembro de 2022

PERÍODO DE ADAPTACIÓN

O venres rematou o período de adaptación dos nosos vagalumes máis pequenos que empezan a súa aventura no colexio. A verdade é que se portaron moi ben, traballaron e xogaron un montón.      Benvidos vagalumes.!!!!


mércores, 14 de setembro de 2022

CUMPRE DE MARTÍN RODRÍGUEZ

 Comezamos o curso na clase dos vagalumes pequenos cunha festa de cumpreanos do noso compi Martín Rodríguez, que aínda que fixo os anos no mes de xullo quixo celebralo na escola con nós.

 MOITOS BICOS E MOITOS PARABÉNS MARTÍN!!!





sábado, 9 de xullo de 2022

Graducación 2022

Pois si amiguiños, temos que despedir aos nosos vagalumes de 6º de infantil. Facémolo con pena pero tamén con moito orgullo de ver como se van facendo maiores e superando etapas. Queres ver vídeos da Graducación, preme aquí. E se queres ver fotiños preme na imaxe. Noraboa peques!!!

venres, 10 de xuño de 2022

Parabéns Sabela!!!

Hoxe foi día de festa na aula mixta. A vagalume Sabela está de cumpreanos e quere festexar connsco os seus xa 4 aniños. 


luns, 23 de maio de 2022

PARABÉNS HUGO

 Hoxe tivemos outra vez cumpre na clase dos vagalumes de 6º de E.I.. Esta vez tocoulle a o noso Hugo. Como sempre sacamos unhas fotiños e por suposto repartimos unhas chuches superguais. MOITAS FELICIDADES HUGO!!!





"Xogando" coas conservas

 

xoves, 19 de maio de 2022

PARABÉNS NUNO

 Hoxe Nuno estivo de cumpreanos e celebrámolo coa nosa mascota Bimba, a nosa tarta e un montón de chuches. Os nos@s vagalumes  fanse maoires!!!





luns, 9 de maio de 2022

Parabéns Martina Rey!!!

Hoxe foi día de festa na aula mixta. A vagalume Martina Rey estivo onte de cumpreanos e hoxe quixo celebrar connosco os seus xa 4 aniños.