Hoxe foi día de festa na aula mixta. A vagalume Martina Rey estivo onte de cumpreanos e hoxe quixo celebrar connosco os seus xa 4 aniños.
Pasáomolo xenial cantándolle Parabéns para ti, cumpleaños feliz, happy birthday,... e na nosa xa tradicional sesión fotos. E hoxe, por primeira vez en moito tempo... quitamos a máscara e sopramos forte forte e conseguimos apagar as candeas!!!
E como non, o superachuchón!!!
E o noso agasallo. A que está guapísima coa supercoroa que lle fixemos?
PARABÉN MARTINA!!! QUERÉMOSTE!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario