AQUÍ O RESULTADO FINAL...
xoves, 12 de novembro de 2015
Nomes con pinzas
E seguimos a traballar cos nomes. Hoxe fixémolo con pinzas. Primeiro escribimos as letras dos nomes en pinzas, logo mesturámolas todos e despois... a buscar para construír nomes. Pasámolo xenial facendo o noso nome e o dos compañeiros.
mércores, 11 de novembro de 2015
Nomes grandes-medianos-pequenos
Hoxe traballamos o número de letras dos nomes. Coas tarxetas dos nomes fixemos agrupámolos en grandes, medianos e pequenos. Foi moi divertido.
Despois, cada un de nós escribiu o seu nome no lugar correspondente segundo a súa lonxitude, e quedounos un mural así de chulo. Ademáis démonos conta de que os nosos nomes son moi parecidos, póis teñen 4, 5 ou 6 letras.
Logo fixemos unha fichiña individual para cada un de nós.
Despois, cada un de nós escribiu o seu nome no lugar correspondente segundo a súa lonxitude, e quedounos un mural así de chulo. Ademáis démonos conta de que os nosos nomes son moi parecidos, póis teñen 4, 5 ou 6 letras.
Logo fixemos unha fichiña individual para cada un de nós.
martes, 10 de novembro de 2015
Facendo peóns
Mañá é o DÍA DO PEÓN e no cole ímolo festexar. Hoxe adicámonos a facer os nosos peóns para poder participar na actividade de mañá.
Nome en tapóns
Mirade que ben o pasamos hoxe. Aproveitamos tapóns para facer os nomes. Primeiro buscamos tantos tapóns como letras ten o nome; logo escribimos cada letra nun tapón e... a ordenar para facer nomes.
MIRADE QUE CHULOS NOS QUEDARON
luns, 9 de novembro de 2015
Oto vaise con Antón
Esta fin de semana Oto foise con Antón e pasouno xenial porque... foi dar un paseíño pola praia de Miño.
sábado, 7 de novembro de 2015
Festa do Magosto
Onte festexamos o Magosto no cole. Fixemos moitos, moitos xogos e gustáronnos todos. E comemos castañas, moitas castañas.... Xa estemos desexando que chegue outra vez o Magosto.
Mirade que día máis divertido pasamos
Mirade que día máis divertido pasamos
xoves, 5 de novembro de 2015
Sílabas do nome
E seguimos cos nomes. Hoxe traballamos as sílabas e pasámolo moi ben. Tocando as palmas fomos aprendendo a contar as sílabas de calquera palabra. E gústanos moito facelo. Logo cada un colleu o seu nome e pegouno unha táboa no lugar correspondente en función do número de sílabas que ten.
mércores, 4 de novembro de 2015
martes, 3 de novembro de 2015
Oto foise de finde con Cloe
Esta fin de semana máis longa do normal Oto pasaouno xenial na casa de Cloe. Foi á piscina, ao parque, de compras, de visita á casa dos avós,...
luns, 2 de novembro de 2015
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






























