xoves, 5 de novembro de 2015

Sílabas do nome

E seguimos cos nomes. Hoxe traballamos as sílabas e pasámolo moi ben. Tocando as palmas fomos aprendendo a contar as sílabas de calquera palabra. E gústanos moito facelo. Logo cada un colleu o seu nome e pegouno unha táboa no lugar correspondente en función do número de sílabas que ten.




Ningún comentario: