luns, 22 de marzo de 2021

21M. Día Mundial do Síndrome de Down

Sumámonos á inciativa de Down Galicia co motivo do Día Mundial do Síndrome de Down e hoxe trouxemos ao cole os nosos #calcetíns desparellados


domingo, 21 de marzo de 2021

Neve para despedir o inverno

E como o sábado remataba o inverno e as vagalumes de 4º de EI quedamos con ganas de facer mái neve... o xoves fixemos outra vez neve. Pero dun xeito diferente, nesta ocasión misturamos bicarbonato e espuma de afeitar e así poidemos xogar con ela un anaquiño (coa da cola non porque se nos pega ás mans) e experimentar diferentes sensacións. 


Zule a súa neva pegañenta.

 Quedaba pendente que Zule fixera a súa neve misturando escuma de afeitar e cola para logo facer un boneco e un campo nevado. O xoves foi o día:

Axudas do concello de Frades para material escolar

                                           


venres, 19 de marzo de 2021

Cambios nas publicacións

A partir de agora as publicacións que fagamos sufrirán unha pequena modificación. Se vedes un texto que pon "ler máis" na parte inferior esquerda da publicación, dádelle pois abrirase para vela completa.
O que pretendemos con este mini-cambio é que as entradas aparezan o máis xuntas posibles, para ter unha vista previa máis sinxela. Isto non supón un cambio maior, seguiremos subindo imaxes das actividades só que, no caso de que teñamos moitas na mesma entrada, aparecerá esta coletilla para ampliar a entrada.
 
Así que, xa sabedes: se vedes "ler máis" dádelle que veredes moitas máis cousiñas.

Saúdos: Bea, Diana, Vanesa
Equipo de Infantil

Parabéns Inés!!!

Temos que felicitar á vagalume Inés, de 5º EI, pois resultou ser a gañadora do  CONCURSO DE DEBUXOS DE AMOR-AMIZADE, organizado polo Día da Amizade. 

NORABOA INÉS!!! 

mércores, 17 de marzo de 2021

FACEMOS NEVE

 Esta semana para despedir o inverno na clase de 5º de E.I. fixemos neve con bicabornato e auga.  Primeiro estivemos tocando o bicarbonato, a algún parecíalle azucre.


martes, 16 de marzo de 2021

CUMPRE DE IKER

 Na clase de 5º de E.I. xa estamos outra vez de celebración. Hoxe foi o cumpreanos de Iker e fixémoslle un agasallo en forma de debuxos. Cantamos e sacamos unhas fotiños. Iker estaba moi contento. MOITAS FELICIDADES IKER!!!!

Froita fresca nos recreos de marzo

Este mes de marzo dis-FRUTA-mos nalgúns recreos tomando uvas, amorodos, ananás e plátanos. E que rica que está a froita fresca!!!
Dalle a "ler máis" e dis-FRUTA ti tamén.


luns, 15 de marzo de 2021

Facemos neveee!!!

Que ben o pasamos hoxe as vagalumes de 4º E.I. Fixemos neve!!!! Para facelo empregamos cola e escumad e afeitar a partes iguais. Remexemos moito, moito e... lista!!!. Despois fixemos uns bonecos e un campo nevado e deixámolos secar

A caixa-bolsa das letras

Xa hai uns días que as vagalumes de 4º de infantil incorporamos unha nova actividade ás nosas rutinas. Certo día, as nosas bolsiñas de plástico apareceron cheas de letras, para que será?... 
Para írmonos familiarizando coas letras e para comezar a construír nomes de cousas, días da semana, o nome propio,... Primeiramente experimentamos libremente co contido das bolsas, logo metemos unhas pouquiñas na bolsa grande e outras poucas na pequena. 

xoves, 11 de marzo de 2021

Os cumples de febreiro que faltaban!!

O pasado mes de febreiro estivemos moi ocupad@s festexando o entroido, pero tivemos tempo para festexar tamén unha día importante para Alejandra, Martín e Antón. Do cumple de Alejandra xa vos ensinaramos unha foto pero falta do cumple de Martín e Antón. Encántannos os cumples, aínda que sexa sen soprar unha vela de verdade.PARABÉNS CHICOS!!

                                         

Cumple de Martín o 26 de febreiro


Cumple de Antón, que o festexamos o 1 de marzo, 
aínda que el estivo de cumple o 27 de febreiro.

martes, 9 de marzo de 2021

Faiche frío, frío...

 As vagalumes de 4º EI arrincamos o día un pouco diferente pero o tema deu para moito. Coma todos os días, iamos poñer o tempo no mural da asamblea e estabamos "empeñadas" en había nubes no ceo e como non había maneira de mudar de opinión despois de mirar varias veces pola fiestra.... SAÍMOS AO PATIO para ver mellor o ceo.


Xa levabamos un anaco mirando ao ceo azul, azul cando Zoe dixo "eu teño frío". Esta afirmación foi o arranque da nosa experiencia mañanceira. 

CUMPRE DE NOELA

Onte na clase de 5º de E.I. ademáis de celebrar o día da muller celebramos tamén o  cumpreanos de Noela que xa fixo 5 anazos. Sacamos fotos "sopramos" as velas e cantamos moito.

 PARABÉNS NOELA!!!

xoves, 4 de marzo de 2021

Peregrinas "dende sempre"!!!

Que cousiñas pasan no Ponte!!! Saltamos no tempo dentro do proxecto CAMIÑO DE SANTIAGO e convertémonos por un tempo en peregrinas antigas. Mirade que guapas estamos: