Xa hai uns días que as vagalumes de 4º de infantil incorporamos unha nova actividade ás nosas rutinas. Certo día, as nosas bolsiñas de plástico apareceron cheas de letras, para que será?...
Para írmonos familiarizando coas letras e para comezar a construír nomes de cousas, días da semana, o nome propio,... Primeiramente experimentamos libremente co contido das bolsas, logo metemos unhas pouquiñas na bolsa grande e outras poucas na pequena.
A partir de agora, cada día poñeremos todas o nome do día da semana no que nos atopamos. A encargada no panel correspondente e as demáis coas nosas letras móbiles. E ademáis tentaremos poñer palabras que diga a mestra ou que nos escollamos. Neste primeiro día puxemos o día e o noso nome. Xa vos iremos amosando que ben o pasamos con estas bolsiñas e cantas palabras "escribimos" xa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario