venres, 19 de marzo de 2021

Cambios nas publicacións

A partir de agora as publicacións que fagamos sufrirán unha pequena modificación. Se vedes un texto que pon "ler máis" na parte inferior esquerda da publicación, dádelle pois abrirase para vela completa.
O que pretendemos con este mini-cambio é que as entradas aparezan o máis xuntas posibles, para ter unha vista previa máis sinxela. Isto non supón un cambio maior, seguiremos subindo imaxes das actividades só que, no caso de que teñamos moitas na mesma entrada, aparecerá esta coletilla para ampliar a entrada.
 
Así que, xa sabedes: se vedes "ler máis" dádelle que veredes moitas máis cousiñas.

Saúdos: Bea, Diana, Vanesa
Equipo de Infantil

Ningún comentario: