E como o sábado remataba o inverno e as vagalumes de 4º de EI quedamos con ganas de facer mái neve... o xoves fixemos outra vez neve. Pero dun xeito diferente, nesta ocasión misturamos bicarbonato e espuma de afeitar e así poidemos xogar con ela un anaquiño (coa da cola non porque se nos pega ás mans) e experimentar diferentes sensacións.
Diana preparou a mezcla individualmente nun pratiño para cada unha de nós e.... a xogar coa neve
Cando xa levabamo un anaco grande xogando coa neve decidimos derretela. E un novo experimento. E unha estrea de material: as pipetas.
Empregamos vinagre para verter sobre a neve pero como hai que facelo aos poucos... collemos as pipetas, enchémolas de vinagre e a soltar gotiñas.
O resultado... impresionate!!! Quedamos flipadiñas jaja.
Ningún comentario:
Publicar un comentario