martes, 9 de marzo de 2021

Faiche frío, frío...

 As vagalumes de 4º EI arrincamos o día un pouco diferente pero o tema deu para moito. Coma todos os días, iamos poñer o tempo no mural da asamblea e estabamos "empeñadas" en había nubes no ceo e como non había maneira de mudar de opinión despois de mirar varias veces pola fiestra.... SAÍMOS AO PATIO para ver mellor o ceo.


Xa levabamos un anaco mirando ao ceo azul, azul cando Zoe dixo "eu teño frío". Esta afirmación foi o arranque da nosa experiencia mañanceira. 


E agora que facemos? Por que vai frío? Como podemos solucionalo?.... Fácil resposta: poñemos as chaquetas. Moi ben!!! Fomos polas chaquetas para seguir mirando ao noso redor



Pero vai sol... non debería debería chover e facer frío?. Síiii, frío si, dixeron, estamos no inverno. E decidimos dar un paseo polo patio.


Chegamos á herba e decatámonos de que estaba mollada e nalgún sitio incluso branca. "Hai helada", din. E veña, a experimentar... 




Tocámoslle? Nooo Diana, está moi fría. Siii, veña vamos tocarlle. E "meu dito, meu feito". Pero estaba moi, moi fría!!!





Seguinte parada: a horta. Como están as berzas??? Branquiñas, jaja. Tocámolas tamén 




E despois collemos unha berza para levar onde hai sol e deixala alí para comprobar a nosa hipótese: se lle da o sol o branco marcha, derrétese.



E como chegamos tan rapidiño á conclusión de que co sol xa non habería xeada... tamén fomos experimentar á herba do patio donde xa daba o sol. Algunha estaba algo mollada aínda, pero xa non a notamos tan fría e non estaba branca.



E marchamos para a aula deixando a nosa berza ao sol porque xa case case era a hora de merendar. Despois de comer, porque antes estivemos moi ocupadas, fomo ver a berza. Xa estaba sequiña e pochiña. 





Cantas cousiñas aprendemos do inverno nesta experiencia improvisada. Sobre todo decatámonos do feito de que faga sol e non haxa nubes non quere dicir que non faga frío e, de feito, cando vai sol e non hai nubes no ceo no inverno hai xeadas.

Ningún comentario: