sábado, 31 de outubro de 2026

luns, 26 de outubro de 2026

Parabéns Abi!!!

 Hoxe o día é de Abi!!! Fai tres aniños e hai que celebralo por todo o alto!!! Felicidades pitutiña. 


mércores, 21 de outubro de 2026

Visita de Rosa Aneiros

 Hoxe tivemos unha visita moi especial. A escritora Rosa Aneiros pasou un anaco connosco para contarnos cousiñas da súa faceta de escritora e para lernos o conto dela que nos gusta moito moito: "Os ourizos cachos e o gran río gris". 

Aproveitamos a súa visita para abrir a biblioca do centro como se merece. 

Sen duda, pasamos un anaco superdivertido. 


martes, 20 de outubro de 2026

Parabéns Brais Cao

 E hoxe, festa outra vez!!!! O noso compi Brais Cao fai 5 aniños hoxe e festexámolos todos xuntos. 


luns, 19 de outubro de 2026

Parabéns Arthur & Aurora

Hoxe foi o día dos irmáns Arthur e Aurora, que fixeron 3 e 5 anos os pasados días e hoxe quixeron festexalo con nós. Que ben!!! Cumpreanos dobreeeeee.... Vaia mañá de festa tivemos. 



venres, 16 de outubro de 2026

sábado, 10 de outubro de 2026

Magostoooo!!!!

E despois de correr que mellor maneira de recuperar folgos que coas ricas castañas que nos asou Suso. Estaban riquisísisimas....


Carreira Solidaria

Así de ben corremos por todos os nenos e nenas que están pasando polo cancro infantil. Colaborando coa fundación unoentrecienmil, puxemos o noso graíño de area para a investigación do cancro infantil. Grazas familias pola vosa colaboración!!!


venres, 9 de outubro de 2026

Parabéns para Aurora

E hoxe é o cumple de Aurora. 5 aniños xa!!!!. Pero como prontiño vai ser o do seu irmá Arthur pois xa o festexamos xuntiños. 
Pero non poidemos deixar pasar o día sen felicitala e dar un achuchón enormeeee!!!! 




PARABÉNS AURORAAAA!!! 

luns, 5 de outubro de 2026

Cestos para o Magosto

Estes días andamos argallando os nosos cestiños para o Magosto do venres. Moi sinxelo pero moi bonito. Con témpera sólida pintamos uns vasiños de papel, e con ceras un letreiro para identificar o noso cestiño. 
Miraque que ben o fixemos e que fermosos nos quedaron.