xoves, 23 de abril de 2026

Plantamos un libro

Hoxe tamén Plantamos un libro, relacionamos a lectura co coidado da natureza e convertemos os libros en sementes de coñecemento e crecemento. 


venres, 10 de abril de 2026

RUTA DOS SEGREDOS DO MONTE

 Hoxe foi o gran día. 

A Curuxa chamo... e as nosas brigadas responderon. 

Na Ruta dos Segredos do Monte, alumnado de diferentes etapas compartiu pistas, cooperación e naturaza, descubrindo que a verdadeira maxia do monte nace do coidado do noso entorno. 

O peche chegou coa creación dun mandala colectivo, único e especial, feito cos tesouros atopados ao longo do camiño. 

A CURUXA CHAMA puxo a banda sonora perfecta a unha experiencia inesquecible. E a maxia do monte volveu medrar... porque a sabemos coidar entre todos. 


Se queres ver  máis fotos preme na imaxe de abaixo: 

sábado, 4 de abril de 2026

Lemos

Hoxe tocou maratón de lectura na aula de Infantil. Que ben o pasamos neste anaquiño