domingo, 15 de novembro de 2026

Día do Sorriso

Deixámosvos tamén o vídeo que fixemos para festexar o DÍA DO SORRISO, o pasado 2 de outubro xuntando os sorrisos que cada día enchen o Ponte. 


sábado, 14 de novembro de 2026

Facemos Mosto!!!

O xa pasado 29 de setembro fixemos mosto ou zume de uva. E como non vos ensinaramos as fotos, deixámolas hoxe por aquí. Probamos as uvas, pisámolas (non todos pero case case, jaja) e logo estrujámolas. E logo houbo que probalo, na primeira non nos chistou moito pero despois... máis que houbera, jajaja. 

Queres velo? Preme na imaxe. 

venres, 13 de novembro de 2026

Día do Peón

Hoxe festexamos o Día do Peón. Xogos e diversión entre pequenos e maiores no pabillón. O peón, buxaina, danzarico, peonza,... foi @ protagonista pero houbo moitos outros xogos. 


martes, 10 de novembro de 2026

TEMOS TALENTO

Hoxe foi un día xenial. Descubrimos os nosos talentos con Gemma e Pamela, de Down Compostela. 

Resultonos algo complicado, pero pouco a pouco fomos descubrindo que todos e todas temos algo no que destacamos, algo que nos gusta moito, moito. 


martes, 3 de novembro de 2026

Cociñamos pantasmas e momias!!!

Arrincamos novembro dando fin ás actividades do samaín cociñando pantasmas e momias. E damos as grazas ao persoal de cociña que nos axudou a que estes seres monstruosos estivesen ricos, ricos. E grazas tamén ás raparigas de 4º EP que se sumaron, outro ano, á nosa experiencia culinaria e nos axudaron no proceso. 

PATANSMAS E MOMIAS de Recunchovagalume