venres, 27 de marzo de 2015

Despedidas!!!

O 2º trimestre chegou á súa fin. Por un lado estabámolo desexando pero por outro... non queriamos que chegase este momento; pois supuxo despedirnos de Noelia e Sofía.

Noelia rematou o seu periodo de prácticas e volve á universidade para seguir cos seus estudos e converterse axiña nunha mestra xenial.
Sofía rematou o seu paso polo noso cole, pois vaise a Houston xunto cos seus pais.

Xa as estamos botando de menos pero sabemos que a súa marcha é necesaria e que significa que todo vai ben. 
Desexámoslles o mellor, que todo lles vaia superben e que volvan pronto porque aquí nunca as olvidaremos e sempre, sempre as estaremos agardando cos brazos abertos e un enorme sorriso.

Organizámoslles unha pequena festa chea de sorpresas na que, pequenos e maiores, soltamos algunha bágoa.

Preparámoslles un montón de agasallos; querémolas moito e meréceno. 








Elas xa o saben, pero queremos recordárllelo:



Moita, moita sorte! Desexámosvos o mellor e agardavos a vosa visita.  
Os vagalumes de tres anos

Ningún comentario: