Estimadas familias e visitantes deste blogue dos vagalumes da Ponte:
Ante as informacións, preguntas, rumores,... que chegaron ata nós, sobre o profesorado de Educación Infantil para o vindeiro curso, queremos aclararvos varios aspectos.
En ningún momento, dende o centro, se dixo que non ían mandar outra mestra de Ed. Infantil para o vindeiro curso.
En ningún momento, dende o centro, se solicitou dita mestra, pois estas solicitudes fanse no mes de xuño, cando o período de matriculación rematou.
Tede en conta que a petición desta mestra depende do número de alumnos matriculados. Se non se supera o límite establecido por lei xa non procede a petición. Polo tanto, tede en conta que esta petición está suxeita á vosa decisión de matricular os nenos e nenas non noso centro.
Rogamos, trasladedes esta información a aquelas persoas que coñezades que teñen pequenos que empezarían o cole o vindeiro curso.
Esperando aclarar todas as dúbidas, un saúdo dende o Equipo de Ed. Infantil.
Ningún comentario:
Publicar un comentario