martes, 17 de outubro de 2017

SEGUIMOS CO PROXECTO DO UNIVERSO!!

Estes días, outros dos pequenos vagalumes da aula de 3 anos, estiveron achegando máis material sobre o noso proxecto do Universo. Desta volta, foron Andrés e Dylan os que nos sorprenderon con este cohete tan orixinal feito por el e a súa familia, e un traballo chulísimo sobre as distintas fases da Lúa. Como nos gusta traer cousiñas para ensinárlle-las aos nosos amigos!!! 
Moitas grazas familias pola vosa colaboración.



Pero tamén Manuela nos quiso traer algo moi especial que ela tiña na súa casa. Trátase dun puzzle sobre do Universo. Canto traballo nos custou armalo entre todos!!! Pero o traballo en equipo ten a súa recompensa. Gustounos moitísimo!

Ningún comentario: