Menuda mañá vivimos onte!!! Non contavamos coa visita dun bechiño que nos tivo moi ocupados boa parte da xornada. Tratábase dunha MUSARAÑA, ou furafollas, que decidiu pasar a mañá con nós (non sabía onde se metía!!).
Despois dunha dura persecución por toda a aula para poder atrapala, estivemos observando como era e comparándoa con outras especies xa coñecidas, como os ratos ou as toupas. Poidemos ver que era moi pequerrechiña e descubrimos que se trataba do mamífero máis pequeno do mundo.
E, como vimos que o seu hábitat non era estar con nós, aínda que nos apetecía moitísimo tela como mascota, decidimos soltala no xardín do colexio, gracias á axuda das profes Bea e Asun que tamén participaron nas labores de "rescate", jajajaja.
Aquí vos deixamos unhas fotiños para que tamén vós a poidades coñecer.
Ningún comentario:
Publicar un comentario