Hoxe foi o día do Magosto no cole. Pasámolo xenial. Todo comezou o martes cando empezamos a facer o noso cestiño para as castañas. Primeiro estampamos con tampóns redondos das cores do outono en papel continuo, despois fixemos follas e o noso nome cunha máquina de troquelado da profe; e para rematar a profe forrou os cartóns de leite que trouxemos e pegoulle as follas e as letras do nome. O resultado, non podería ser mellor.
E hoxe día de festa. Primeiro xogos no pavillón e logo a comer castañas ricas ricas. E tamén un pouco de baile. En definitiva, un día xenial. Faltounos Nerea nos xogos pero puñémonos supercontentos cando chegou para comer as cantañas con nos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario