Ola a todos e todas. Somos os pequenos vagalumes do CPI Ponte Carreira.
Neste espazo, creado para amosarvos e compartir o noso día a día, achegarédesvos ao fascinante e máxico mundo da educación infantil .
Agardamos a vosa visita e desexamos que o disfrutedes tanto como nós.
martes, 3 de decembro de 2024
DÍA DA DISCAPACIDADE!!!
No día da discapacidade, traballamos as diferencias individuais e chegamos á conclusión de que non importa que tan diferentes sexamos se xuntos podemos facer grandes cousas. E así o fixemos con pezas de construcción.
Ningún comentario:
Publicar un comentario