xoves, 29 de xaneiro de 2015

Día da Paz 2015

Achégase o Día da Paz e estamos preparando un día especial.
Durante a semana estivemos a facer un mural colectivo, que logo vos amosaremos.
Hoxe adicámonos a facer o símbolo da paz para colgalo mañá como un gran medallón.
 
















Pasámolo xenial. E o mellor é que mañá para merendar temos...

martes, 27 de xaneiro de 2015

David xa ten 5 aniños





Hoxe tivemos festa na aula de 4-5 anos, pois David fíxose maior e cumpriu cinco anos.

MOITA FELICIDADES DAVID!!! 
 


E trouxonos unha tarta de Mickey Mouse que estaba boísima. Ah, e tamén chuches. Moitas graza compi e moitos, moitos bicos.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

luns, 26 de xaneiro de 2015

Proxecto Arte

Hoxe iniciamos un novo proxecto: SOMOS ARTISTAS. Así se atoparon o corredor do colexio os vagalumes cando entraron do recreo: 


Despois dun anaco analizando todo aquilo que había enriba das mesas souberon que eras os PINTORES os que empregaban todos aqueles materiais. Observamos láminas de autores como Miró, Kandynsky, Picaso,... e mesmo probamos o gorro que empregan os pintores. 



Xa estamos listos para convertérnos en pequenos artistas; neste segundo trimestre seremos vagalumes pintores. 


Que sabemos dos pintores?