Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Os Volcáns. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Os Volcáns. Amosar todas as publicacións

martes, 14 de decembro de 2021

Proxecto Volcáns

Aló polo mes de outubro iniciamos o proxecto deste primeiro trimestre: OS VOLCÁNS E OS DINOSAURIOS. 

Unha das actividades iniciais foi a elaboración dun volcán e a súa posterior erupción. Empregamos auga, vinagre, colorante e bicarbonato. Aquí vos deixamos unha mostra. 


martes, 2 de novembro de 2021

O profe Fran e os volcáns

Hoxe o profe Fran contounos moitas cousiñas sobre os volcáns aos vagalumes da aula mixta.

Non sei se sabedes que estivo varios anos de mestre nas Illas Canarias, zona volcánica española por excelencia. E trouxonos pedras volcánicas reais  e poidemos tocalas!!! E amosounos moitas fotos na que aparecía el nos volcáns, icluso no cráter e dentro deles!!! , o que fai que o entendamos mellor.. Aprendemos moitas cousas con el.