domingo, 27 de decembro de 2020

O Nadal en 4º EI

Canto nos gustan estas datas!!! Cheas e maxia e ilusión. As dúas últimas semanda foron moi intentas, jaja, para as vagalumes de 4º de Infantil. Fixemos a carta para os Reis Magos porque veu ata o cole o CARTEIRO REAL, ensaiamos moito no noso baile para a GALA ANTICOVID, visitamos o BELÉN que hai na estrada do cole, fixemos varias manualidades como un APALPADOR móbil e outro nun bote de cristal con neve, visitounos o APALPADOR e rematamos coa gala ANTICOVID e posterior despedida con badaladas e brinde incluído. 

venres, 18 de decembro de 2020

mércores, 9 de decembro de 2020

Chega o Nadal

 Xa no mes de decembro e está chegando esa data que todas estamos esperando con ansias: O NADAL!!!

Como non podía ser doutro xeito, este ambiente navideño está chegando á nosa aula. Mirade que porta máis chuli temos e hoxe adicámonos a poñer a árbore: