Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto A volta ao mundo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto A volta ao mundo. Amosar todas as publicacións

luns, 17 de decembro de 2018

NOS DESPEDIMOS DE XAPÓN

Despois de aprender moitas cousas sobre Xapón, quixemos facer unha recompilación con diferentes elementos representativos da súa cultura: un kimono, un sobreiro e un paraugas chino.
Ben guapos saímos tod@s!!!






sábado, 15 de decembro de 2018

VIAXAMOS A JAPÓN

Esta semana os vagalumes de 5 anos viaxamos a Japón donde ademáis de coñecer as súas peculiares casas  "as pagodas" estivemos practicando cos palillos comendo "sushi" e probándonos un gorro moi chulo que fixo Aroa coa súa nai. Que ben nos queda!!!








xoves, 13 de decembro de 2018

PALILLOS CHINOS

Esta mañá a profe propúxonos unha tarefa algo difícil (aínda que só para algúns). Tiñamos que coller unha boliña de plastilina con palillos chinos. Nos ensinou como collelos e como facer a "pinza", pero o divertido foi ver que cada un buscou a súa "maneira" de coller a plasti. Mirade...



CURIOSIDADES DE CHINA...

Como mostra do ben que o estamos a pasar con este proxecto dentro da aula, aquí vos deixamos unhas fotiños do Dragón Chino que Andrés nos trouxo esta semana ao cole. Unha verdadeira obra de arte!!!!



mércores, 28 de novembro de 2018

ADEUS EXIPTO... OLA INDIA

Os vagalumes de 5 anos despedímonos de Exipto disfrazándonos dunha das raíñas do antigo exipto máis coñecidas, a Raiña Nefertiti, que levaba un sombreiro moi especial. Mirade que guapos estamos coa nosa pose de exipcios.


Marchamos para  India, un país máxico onde aprenderemos algunhas curiosidades de como viven alí e a importancia duns animais enormes, os elefantes.


luns, 26 de novembro de 2018

DEIXAMOS ATRÁS EXIPTO

Non sabesdes a de cousas que estamos aprendendo con este proxecto e o pouco tempo que temos para adicarlle a cada un dos países.
Gustaríanos poder disfrutar de máis tempo para poder exprimir ao máximo todo o material que nos enviades dende as vosas casas.
Mirade estas pirámides tan chulas que Gabriel e Manuela fixeron coa axuda das súas familias.
Todo un traballo de arquitectura!


martes, 20 de novembro de 2018

MÁIS COUSIÑAS SOBRE EXIPTO

Quero dar as grazas a todas as familias polo que estades colaborando con nós no desenvolvemento deste proxecto!! Cada día sorprendédesnos máis cos materias tan orixinais que nos estades achegando.
MIL GRAZAS A TOD@S!!!



luns, 19 de novembro de 2018

EXIPTO NOS ESPERA!!

Como cada luns, comezamos a semana viaxando a un novo país empregando diferentes medios de transporte. Nesta caso escollimos o BARCO para ir de Roma a Exipto.
Aprendimos que nunha viaxe tan longa non podemos empregar calquer tipo de barco, polo que, tras falar de diferentes embarcacións (bote, veleiro, piragua, canoa...), o máis axeitado era facelo nun trasatlántico. Falamos de como se viaxa nun, de cales eran as diferencias con outros medios de transporte e do cómodos que podemos estar nos diferentes camarotes. Por último, escollimos un capitán (Sara) e zarpamos rumbo a Suez.  





BOA MANEIRA DE DESPEDIRNOS DE ITALIA

Que gran idea tiveron Gabriel e a súa familia para despedirnos desta etapa na nosa viaxe!! E é que nos sorprenderon cunha merenda a base de mini pizzas de xamón e queixo, moi típicas de Italia.
Que ricas estaban!!



domingo, 18 de novembro de 2018

SORPRESA!!!

Vaia sorpresa que nos deu Ulises o pasado venres aos vagalumes de 5 anos. Trouxo a clase un pastel típico de Italia, que o comen alí pola época do Nadal, un riquísimo Panetone de chocolate. Estaba boísimo!! MOITAS GRAZAS ULISES.



mércores, 14 de novembro de 2018

AL RICO CROISSANT

Os vagalumes de 3 e 5 anos despedímonos de París cociñando, facendo uns ricos croissants que son típicos de Francia.
Primeiro cortamos a masa de hoxaldre en triángulos despois puxemos un pouco de chocolate e... a enrolar!!!.Cando xa estiveron listos puxémolos nunha fonte e fumos xunto a María, a cociñeira, que os meteu no forno. Esperamos uns minutos e.... A COMER!!!

Unha sabrosa despedida de Francia, AU REVOIR PARÍS!!!!
















martes, 13 de novembro de 2018

BENVENUTI A ITALIA!!

Seguimos avanzando un pouquiño máis no percorrido que Willy Fog fixo na súa viaxe ata chegar a Italia e Roma. Desta vez, Julia, Izan, Iker, Nuria, Martín e Gabriel trouxeron moitas cousas interesantes sobre este país. Mirade!!



luns, 12 de novembro de 2018

AU REVOIR FRANCE...

Despois de aprender moitas cousas sobre Francia e París (monumentos, ríos, comidas típicas...) toca despedirse e seguir a nosa viaxe, esta vez a ITALIA e ROMA.
Por iso, e como xa vén sendo de costume, nos desprazamos a ese lugar empregando un novo medio de transporte... O TREN. E, tras cuñar os nosos pasaportes e comprobar os nosos asentos... estamos preparad@s para seguir coñecendo novas cousas sobre este país.




luns, 5 de novembro de 2018

SEGUIMOS DESCUBRINDO COUSIÑAS SOBRE O PROXECTO


Hoxe foi Andrés o que nos sorprendeu cun globo aerostático impresionante no que ben puido viaxar Willy Fog  cos seus amigos para dar a volta ao mundo en 80 días.
Moitísimas grazas familia por todo que estades a colaborar!!


venres, 2 de novembro de 2018

OH LÀ LÀ!!

Que sorpresa nos tiña preparada Julia e a súa familia este mércores!!! Nunha bolsa misteriosa atopamos unha morea de croissants recheos de chocolate feitos por ela mesma!
Familia... en canto queirades, aquí tedes un montón de cativos moi larpeiros dispostos a seguir degustándoos!



martes, 30 de outubro de 2018

SEGUIMOS COA NOSA VIAXE!!! FRANCIA E PARÍS.

Deixamos atrás o Reino Unido e Londres para emprender unha nova etapa na nosa viaxe; esta vez cara Francia e, máis concretamente, París.

Para iso, e como xa coñecen os nenos e nenas da nosa aula, debemos ter listos os nosos PASAPORTES, que foron selados polo encargado do día de onte (Izan). 

Pero como imos viaxar ata París? Por consenso decidimos facelo en avión. Así, preparamos a aula como se dunha aeronave se tratara, entregamos os billetes cos que poder viaxar e emprendemos o voo.

Foi un traballo duro pero mooooi divertido, xa que cada cativo tiña que buscar o seu asento fixándose no número e letra que aparecían no seu billete. Unha vez que todos os pasaxeiros estiveron sentados e atados cos cinturóns de seguridade... o piloto Izan despegou rumbo a París!!!!

Mirade que ben o fixeron!!






venres, 26 de outubro de 2018

ADEUS LONDRES

Os vagalumes de 5 anos decimos adeus a Londres cunha merenda moi londinense. Aínda que non eran as cinco tomamos o té coas súas pastas e todo. QUE RICO!!!




GARDAS REAIS

Hoxe os vagalumes de 5 anos aprendimos que os Gardas Reais coidan da Raiña de Inglaterra e fan garda no Palacio de Buckingham. Aprendimos tamén que non se poden mover, nin falar, nin rir e probamos a ser Gardas Reais aguantando sin rir. Algún foi capaz pero outros non aguantaron.
QUE DIVERTIDO!!!






mércores, 17 de outubro de 2018

COMEZAN A CHEGAR COUSIÑAS PARA O PROXECTO

Con que ganas estamos a traballar nas primeiras ideas e informacións que nos están chegando ao cole sobre o novo proxecto: "A volta ao mundo en 80 días".
Así, Manuela, Julia, Nuria, Martín, Andrés e Izan xa nos trouxeron cousiñas moi chulas sobre o Reino Unido e Londres. Mirade!!!



xoves, 11 de outubro de 2018

IMOS DE VIAXE

Os vagalumes empezamos un novo proxecto, unha viaxe moi divertida ao redor do mundo da man de Willy Fog, baseado no libro de Julio Verne "La vuelta al mundo en 80 días". Imos a aprender moitas cousiñas interesantes de varios países.
Hoxe coa axuda dos pais e dos materiais que nos están a mandar estivemos mirando a bola do mundo, buscando onde está O Reino Unido ( país onde empeza esta emocionante aventura).