sábado, 30 de outubro de 2021

Sorpresiñas saborosas e agradables!!!

Onte tamén tivemos sorpresiñas na aula mixta. As vagalumes Sheila e Sofía trouxéronnos chuches!!!

Sheila traia un bolsiño con cousas ricas ricas e Sofía unha cabaza cuns pelos... que ata lle arrincamos 17 para comer!!!



 

MOITAS GRAZAS COMPIS!!! 

Menú de samaín

Un minipercorrido polo noso xantar "especial samaín". Estaba todo, todo riquísimo!!! 

venres, 29 de outubro de 2021

Samaín 2021

E por fin chegou o día!!! Hoxe foi un día especial no cole, o Samaín estivo presente durante toda a mañá e un ano máis gozamos dunha das nosas tradicións máis antergas. 

Disfraces, cabazas, xantar especial fixeron que fose un día 10!!!. E queremos darvos as grazas (moitas, moitas grazas) pola vosa colaboración para facer posible este día. 


xoves, 28 de outubro de 2021

Caroutas terroríficassssss...

Hoxe os vagalumes da aula mixta (4º-5º) marchamos para a casa con estas caroutas que nos quedaron moi bonitas. Gatos, vampiros, lobos, cabazas, Frankis, bruxas,...Quen se agocha detrás???


Se precisades unha pista... vai!!!

martes, 26 de outubro de 2021

Achégase o Samaín...

Arrincamos semana do Samaín con invasión de cabazas, cabazas que traen dentro unha sorpresiña!!! Mirade, mirade



martes, 19 de outubro de 2021

Parabéns Diego!!!

 E seguimos medrando!!!. Outra mini-festa na aula mixta. O turno foi agora para Diego que estivo de cumpre o sábado pero quixo celebrarlo no cole. 


mércores, 6 de outubro de 2021

martes, 5 de outubro de 2021

Día do sorriso

O pasado día 1, primeiro venres de outubro, foi o DÍA DO SORRISO. E no Ponte adicámonos a debuxar sorrisos, eses sorrisos que temos agochados trala máscara. Que ben o pasamos debuxándonos sorrisos os uns aos outros.