Amosando publicacións coa etiqueta Inverno. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Inverno. Amosar todas as publicacións

xoves, 5 de febreiro de 2026

Xogos sensorias de inverno

Estes días montamos varias mesas sensorias do inverno e gustánnos moito moito. Mirade que ben o pasamos. 


domingo, 23 de xaneiro de 2022

Invernoooo!!!

 Que frío fai estes días pola mañá no cole (e menos mal que logo sae o solete e da moito gusto)!!! Falando do frío que fai no inverno os vagalumes da aula mixta, un día da semana pasada saiu na nosa conversa matutina que había lugares donde facía moito frío como "de donde ven Papá Noelllll (jajaja)". E nós quixemos facer maxia coma este persoeiro de Nadal e trasladarnos ao Polo Norte. Empregamos una dos rescursos moi usados no cine, o croma: sacamos fotos atabiados con chaquetas, gorros, bufandas, guantes, orelleiras,... cunha tea verde de fondo verde, buscamos imaxes do Polo Norte e.... coa tablet fixemos maxia. Mirade mirade, que frio facía aló!!!





domingo, 21 de marzo de 2021

Neve para despedir o inverno

E como o sábado remataba o inverno e as vagalumes de 4º de EI quedamos con ganas de facer mái neve... o xoves fixemos outra vez neve. Pero dun xeito diferente, nesta ocasión misturamos bicarbonato e espuma de afeitar e así poidemos xogar con ela un anaquiño (coa da cola non porque se nos pega ás mans) e experimentar diferentes sensacións. 


mércores, 17 de marzo de 2021

FACEMOS NEVE

 Esta semana para despedir o inverno na clase de 5º de E.I. fixemos neve con bicabornato e auga.  Primeiro estivemos tocando o bicarbonato, a algún parecíalle azucre.


luns, 15 de marzo de 2021

Facemos neveee!!!

Que ben o pasamos hoxe as vagalumes de 4º E.I. Fixemos neve!!!! Para facelo empregamos cola e escumad e afeitar a partes iguais. Remexemos moito, moito e... lista!!!. Despois fixemos uns bonecos e un campo nevado e deixámolos secar

martes, 9 de marzo de 2021

Faiche frío, frío...

 As vagalumes de 4º EI arrincamos o día un pouco diferente pero o tema deu para moito. Coma todos os días, iamos poñer o tempo no mural da asamblea e estabamos "empeñadas" en había nubes no ceo e como non había maneira de mudar de opinión despois de mirar varias veces pola fiestra.... SAÍMOS AO PATIO para ver mellor o ceo.


Xa levabamos un anaco mirando ao ceo azul, azul cando Zoe dixo "eu teño frío". Esta afirmación foi o arranque da nosa experiencia mañanceira. 

xoves, 11 de febreiro de 2021

Traballiños coa profe Raquel

Coa profe Raquel as vagalumes de 4º EI fixemos moitas cousiñas. Dúas delas son estes gorros de inverno e estes pingüíns que nos quedaron chulísimos, non si?


luns, 25 de xaneiro de 2021

Preparad@s para o duro inverno

Este xaneiro do 2021 o que podemos recordar del é o montón de temporais que viñeron! Nos, como somos previsores, xa nos preparamos e estamos listos para os que veñan, aínda que nos gusta mais o bo tempo eh!!



domingo, 22 de abril de 2018

ADEUS INVERNO!!!

O inverno xa rematou e @s nen@s da clase de catro anos fixemos unhas cousas moi chulas relacionadas con esa estación: unhas bolas de neve, uns esquiadores e uns bonecos de neve.









martes, 28 de marzo de 2017

Bonecos de inverno

Xa hai uns días que o inverno rematou, pero non vos amosamos a manualidade que fixemos para despedilo. Saímos guapísimos...















luns, 20 de marzo de 2017

ADEUS INVERNO!!

O pasado venres na clase dos pequenos de 3 anos despedimos o inverno cos nosos bonecos de neve. Mirade que chulos.


mércores, 11 de marzo de 2015

Libriño do inverno

Xa queda menos para que remate o inverno e os vagalumes de tres aniños xa temos rematado o libro do inverno.