venres, 31 de decembro de 2021

CAMPA-CHUCHES!!!

A piques de rematar o ano queremos ensinarvos como foi o noso "fin de trimestre" e as campachuches da sorte. Ás 12:00 hs. do día 21 de decembro sucedeu...




E se queredes velo en vídeo, pinchade AQUÍ

martes, 21 de decembro de 2021

Ato o ano!!!

E así de guap@s nos despedimos ata o vindeiro anos os valumes de aula mixta. Desexámosovos a todos unha felices festas e mandámoslle un bico e un abrazo enorme á nosa compi Martina Rey que hoxe non veu ao cole. 



 

BOAS FESTAS!!!

Esta é a felicitación de Nadal do cole, elaborada coas tres postais gañadoras do concurso de postais do EDLG, unha por cada etapa educativa. 


  E aquí as gañadoras recibindo o seu agasallo, entre elas a vagalume LÚA MOSQUERA GARCÍA. 


luns, 20 de decembro de 2021

Parabéns Martina Castro!!!

O pasado sábado 18 de decembro Martina Castro cumpriu catro aniños!!!. E hoxe quixo celebralo na aula con todos nós. 


venres, 17 de decembro de 2021

Un ovo máxico!!!



Xa fai uns días apareceu na aula un ovo cunha instrucción: se queredes ver o que pasa con este ovo só tedes que metelo en auga e esperar!!! E todos emocionados tocámolo e logo metémolo en auga...

xoves, 16 de decembro de 2021

Dinos na aula!!!


Que ben o estamos pasando co proxecto dos Dinosaurios e canto aprendemos. A semana pasada foi xenial pois os DINOS viñeron ó cole. Mirade, mirade

mércores, 15 de decembro de 2021

Proxecto Dinosaurios


Relacionados cos volcáns continuamos o noso proxecto. Os volcáns causaron, según algúns cientificos, a desaparición dOS DINOSAURIOS!!! 

Así foi o comezo:



martes, 14 de decembro de 2021

Proxecto Volcáns

Aló polo mes de outubro iniciamos o proxecto deste primeiro trimestre: OS VOLCÁNS E OS DINOSAURIOS. 

Unha das actividades iniciais foi a elaboración dun volcán e a súa posterior erupción. Empregamos auga, vinagre, colorante e bicarbonato. Aquí vos deixamos unha mostra. 


luns, 13 de decembro de 2021

Preparando o Nadal

Na aula mixta tivemos unha semana intensa preparando as nosas árbores. Este ano mercamos unha de madeira na que tiñamos que ir colocando as pezas por orde segundo o tamaño; gustounos moito e quedou superchuli cos adornos que lle puñemos. 





venres, 3 de decembro de 2021

Carreira Solidaria

 O pasado 19 de novembro participamos na Carreira Solidaria a favor de Save the Children. Queres vernos correndo, preme na imaxe

CONSERVA A TÚA MERENDA

Xa temos os resultados das enquisas que vos enviamos para coñecer os hábitos de merenda dos vagalumes, e os resultados non están mal. Correspóndense coa totalidade de alumnado de 4º e 5º de infantil e 14 de 6º de infantil.

Fai clic ao teu bocata de...

O pasado 4 de novembro iniciamos as actividades do PLAN PROXECTA: FAI CLIC AO TEU BOCATA no que estamos apuntados os vagalumes de 4º e 5º de infantil. Esta primeira actividade consistiu na degustación dun bocata de sardinillas. A uns gustounos máis ca outros, algúns repetimos,... pero o importante é que todos e todas o probamos. Mirade, mirade: 


mércores, 1 de decembro de 2021

Parabéns Lía e Lúa

Día de festa na aula mixta, e por partida dobre!!!. As vagalumes Lía e Lúa fanse maiores e xa teñen 5 aniños.  PARABÉNS!!!