Amosando publicacións coa etiqueta proxecto O universo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta proxecto O universo. Amosar todas as publicacións

domingo, 29 de outubro de 2017

O SISTEMA SOLAR

Esta semana aprendimos que o Sistema Solar está formado polo sol e os planetas que xiran ao redor del por uns caminiños que se chaman órbitas, e saímos ao patio para facer de Sistema Solar. Ulises era o sol e os demáis planetas e satélites. Camiñando cada un polo seu camiño comprobamos que nunca chocamos.  QUE BEN O PASAMOS!!



martes, 17 de outubro de 2017

SEGUIMOS CO PROXECTO DO UNIVERSO!!

Estes días, outros dos pequenos vagalumes da aula de 3 anos, estiveron achegando máis material sobre o noso proxecto do Universo. Desta volta, foron Andrés e Dylan os que nos sorprenderon con este cohete tan orixinal feito por el e a súa familia, e un traballo chulísimo sobre as distintas fases da Lúa. Como nos gusta traer cousiñas para ensinárlle-las aos nosos amigos!!! 
Moitas grazas familias pola vosa colaboración.



Pero tamén Manuela nos quiso traer algo moi especial que ela tiña na súa casa. Trátase dun puzzle sobre do Universo. Canto traballo nos custou armalo entre todos!!! Pero o traballo en equipo ten a súa recompensa. Gustounos moitísimo!

mércores, 11 de outubro de 2017

COMEZAN A CHEGAR COUSIÑAS SOBRE O UNIVERSO NA AULA DE 3 ANOS

Estamos a comezar a recibir información moi interesante sobre o universo na nosa aula.
Cántas cousas estamos a aprender grazas a axuda e colaboración das nosas familias!!
Esta vez foron Nuria, David, Julia, Gabriel e Martín os encargados de ensinarnos todo isto.



martes, 3 de outubro de 2017

O UNIVERSO


Esta mañá as profes de infantil recibiron unha mensaxe de Librato, o noso rato da biblioteca. Tiña gardada unha sorpresa para todos nós.

Cando abrimos a porta, alí estaba Librato cuns libros moi raros que escondían unhas cousas moi chulis que poidemos ver a través dos móviles das profes. ERAN OS PLANETAS!!!





                   E PODÍAMOS TOCALOS!!!