luns, 24 de setembro de 2018

TEMOS NOVA MASCOTA

No curso pasado poidemos disfrutar da compañía de Lúa, unha cadeliña á cal coidamos con moitas ganas. Por iso, este ano non vai ser diferente; ao longo das distintas semanas, cada neno e nena coidará de OTO tan ben como o fixo con Lúa.
Aquí vo-lo presentamos!!!




DESCUBRIMOS NOVOS ESPAZOS DO COLE!

Como xa sabedes, este curso estreamos nova aula na que contamos con motísimos materiais que, pouco a pouco, estamos a descubrir. Nesta ocasión, e por pequenos grupos, poidemos disfrutar de novos puzzles, xogos de construción, de lóxica... E cánto nos gustaron!!!


luns, 17 de setembro de 2018

O CUMPRE DE JAVIER

Hoxe na clase dos vagalumes de cinco anos tivemos festa, o noso Javier fixo cinco anos e celebrámolo con unhas chuches e soplamos a vela da tarta. FELICIDADES JAVIER!!!
MOITOS BICOS!!!





venres, 14 de setembro de 2018

O CUMPREANOS DE LOLITA

Hoxe celebramos, na clase de cinco anos, o noso primeiro cumpreanos do curso, o de Lolita que aínda que fixo os seus cinco anos no verán quixo celebrarlo con todos nós. Tróuxonos unhas superchuches e unha tarta riquísima. MOITAS FELICIDADES LOLITA.






mércores, 12 de setembro de 2018

BENVIDOS

Os vagalumes dámosvos a benvida ao  curso 2018-19 cheo de novas vivencias e ilusións por compartir con todos vós. Desexamos que todos o disfrutemos e aprendamos moitas cousas.


BENVIDOS!!!