O paso dos vagalumes da promoción 2017-2020 pola educación infantil pode resumirse ao son dunha canción superespecial para eles. Queres velo? Queres saber cal é esa canción especial? Pois dalle
mércores, 8 de xullo de 2020
domingo, 21 de xuño de 2020
Despedida confinada
Os vagalumes de 6º de infantil despídense da etapa confinados e bailando Madre Tierra de Chayanne
venres, 19 de xuño de 2020
Graduados 2020
Noraboa mozos!!! Rematamos dun xeito bastante raro pero vós merecedes isto e moito máis. Quérevos a vosa mestra Diana.
xoves, 18 de xuño de 2020
Orlas 2019-2020
Xa temos listas as orlas dos nosos vagalumes deste curso tan raro. Farémosllelas chegar ás súas casas.
mércores, 17 de xuño de 2020
O COELLIÑO BRANCO
mércores, 3 de xuño de 2020
luns, 1 de xuño de 2020
A horta do cole
Así nos foi, jaja:
Logo viñeron as xiadas e... a nosa plantación desapareceu, bueno iso foi o que nos pareceu. Logo o frío e a choiva e decidimos que ata a primavera non iamos poder volver, a pesares de que a nosa plantación parecía que "reviviía". Logo vou o COVID-19 e... xa imaxinades. O 26 de maio a profe foi ao cole e dedicidiu achegarse á horta porque vía moitas malas herbas e follas pero polo medio parecía que as coles, polo menos, seguían ahí.
Pero unha vez alí.... SORPRESAAAAA!!!! Hai algo da nosa cosecha, mirade mirade
Os repolos e coliflores "reviviron" e medraron moito moito, listos para comer!!!
domingo, 17 de maio de 2020
LETRAS GALEGAS 2020
Hoxe sería o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, pero dada situación de alarma sanitaria na que nos atopamos, a RAG deciciu adialas para o 31 de outubro (data de nacemento de Ricardo Carvalho Calero, autor hoxemenaxeado no 2020). Pero nós xa temos fomos facendo cousiñas moi bonitas dende a distancia. Aos vagalumes tocounos recitar o poema de Rosalía de Castro "Adios ríos, adios fontes".
Mirade, mirade, a ver que vos parece. Pero xa vos adiantamos que nos quedou xenial.
venres, 15 de maio de 2020
A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza
luns, 27 de abril de 2020
A MELLOR SOPA DO MUNDO
De novo o profe Fran contounos un conto "A mellor sopa do mundo" e como nos gustou moito fixemos un debuxo. A que o fixemos moi ben!



















































