martes, 18 de outubro de 2022

Visita á horta

Hoxe iniciamos temporada de horta, nesta primeira visita tocaron labores de limpeza. Pasámolo xenial e temos que volver porque aínda non rematamos. 

luns, 17 de outubro de 2022

PARABÉNS DIEGO

Hoxe tivemos festa na aula dos vagalumes de 4º e 5º de E.I. O noso Diego fixo catro aniños, para celebralo cantamos e démoslle un montón de apertas. Grazas polas chuches Diego e MOITAS FELICIDADES!!!

venres, 7 de outubro de 2022

Bimba, a mascota de 6º EI

Que contentos estamos os vagalumes de 6º de Infantil!!!. Hoxe, á volta do recreo tiñamos visita na aula. E sabedes que foi o mellor desta visita? Pois que viña para quedar connosco e ir de visita ás nosas casas. Aiii... que guay... que content@s nos puñemos... 
Démoslle a benvida dun achuchón enorme e unha gran foto en grupo e.. emprendeu visita para a casa de Carla, xa vos contaremos como lle vai; de seguro, que o pasará pipa. 


Día do Sorriso

Sabedes que día é hoxe? Mirade o suadoiro que trae Sheila e atinaredes...

Hoxe é o Día do Sorriso e ten só levamo dúas horiñas de cole e non fixemos máis que rir e rir, e que megaguapos vimos cos beizos pintados para descatar o noso sorriso. Rimos ao entrar, rimos nas rutinas, na merenda,... bueno, o certo que é somos moi risueños tódolos días😏😏


xoves, 6 de outubro de 2022

Practicando Ioga

Onte tivemos un taller de IOGA no que nos achegamos un pouquiño ao Ioga Tibetano da man de Sara. Que ben o pasamos!!! Mirade mirade... (preme na foto e verás mais)


Graciñas Sara!!!


CUMPRE DE MARTÍN MEIJIDE

Hoxe estivemos de festa porque o noso compi Martín Meijide cumpriu 4 anos. Sacamos fotos coa nosas mascotas e repartimos as chuches tan guais que nos regalou e por suposto cantámoslle o cumpreanos feliz.

MOITAS FELICIDADES MARTÍN!!!!!


luns, 3 de outubro de 2022

Parabéns Zule!!

Cun pouquiño de retraso amosámosvos as fotos do cumpreanos da vagalume Zulema, de 6º de Infantil. Estivo de cumpre nas vacacións pero quixo celebralo con nós no cole.