Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto O nome b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto O nome b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 29 de novembro de 2015
Proxecto o nome. 4 anos
Aquí vos deixo o libriño sobre o nome que traballei cos meus pequenos vagalumes.
venres, 27 de novembro de 2015
Eu son...
Días antes estivemos traballando con Noelia o noso nome, de donde somos, como somos,... e fixemos un libriño moi fermoso que lle regalamos a Noelia. Aquí volo deixamos para que vós tamén o poidades ver
luns, 23 de novembro de 2015
Proxecto O nome
Hai un tempo que estamos traballando sobre o noso nome, coa axuda de Noelia. Por problemas "técnicos" as entradas relacionadas co tema estaban invisibles, penso que agora xa está solucionado. Para poder velas só tedes que premer na etiqueta Proxecto O nome ou na seguinte imaxe, que vos levará a todo o traballado sobre o tema.
Por que me chamo así?
Papá e maña axudáronnos a "investigar" por que nos chamamos así; cubrimos unha fichiña e mirade que libro dos nomes máis chuli nos quedou.
martes, 17 de novembro de 2015
Abecedario
Despois de tanto traballo, xa estamos listos para ordenar os nosos nomes alfabeticamente. Fixémolo de varios xeitos e saiunos moi ben, iso que tamén mesturamos os nomes dos profes.
COAS TARXETAS DOS NOMES (colocándoas por orde fixándonos no verme das letras)
COAS LETRAS DE ESPUMA (buscamos a nosa inicial e logo colocámonos por orde)
E CO VERME DO ABECEDARIO (que construimos so coas iniciais dos nosos nomes)
E PARA FINALIZAR ESTA ACTIVIDADE.... contamos cantos nomes empezan por cada inicial e escribímolo nunha táboa do abecedario.
venres, 13 de novembro de 2015
Móbil coa inicial
E seguimos traballando coa inicial. Nesta ocasión fixemos uns "monicreques" moi simpáticos. Coñecédes a algún?
A inicial do meu nome
Hoxe tocou unha actividade que nos gustou moitísimo. Fixemos a inicial do noso nome con plastilina para logo facer un colar, porque temos unha plasti máxica que se pon moi dura unha vez que seca.
Noelia e Diana colocaron os moldes das letras no chan e nós tivemos que buscar a nosa inicial para facela coa plasti.
E agora toca agardar a que sequen para facer o colar.
Noelia e Diana colocaron os moldes das letras no chan e nós tivemos que buscar a nosa inicial para facela coa plasti.
xoves, 12 de novembro de 2015
Abecedario
Días antes estivemos traballando o abecedario. E hoxe quixemos facelo dun xeito especial. Fixemos as letras co noso corpo...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












































