mércores, 23 de xaneiro de 2019

O CUMPRE DE SARA

Hoxe na clase de 5 anos estivemos outra vez de festa porque a nosa Sara fixo 6 anos. Comimos unha tarta de Frozen e Ana que nos gustuo un montón, cantamos, Sara repartiu unhas ricas chuches e démoslle un motonazo de bicos. MOITAS FELICIDADES SARA!!! 
QUERÉMOSTE!!!





xoves, 17 de xaneiro de 2019

QUE SON?

Estamos buscando novas formas de aprender polo que, nesta mañá, practicamos as descripcións de animais, froitas e personaxes a través dun xogo no que, coa axuda das pistas que os compañeiros iban dando, cada neno tiña que adiviñar que debuxo se agochaba na tarxeta que levaba na fronte.
Foi algo complicado gardar o "segredo" e non dicir a solución antes de que o compañeiro o adiviñase, pero tras varios intentos conseguimos pasalo xenial.
Repetiremos seguro!!!




mércores, 16 de xaneiro de 2019

MÁIS APRENDIZAXES!!

Ao longo deste curso estamos a progresar na lecto-escritura a través de moitas actividades. No día de hoxe, comezamos co trazo da vogal "i" coa axuda da PDI.




Menudas caras de concentración!! 😂😂😂😂

martes, 15 de xaneiro de 2019

luns, 14 de xaneiro de 2019

CUMPLE DE LARA
Lara xa cumpliu 4 anos. É a primeira en celebrar o seu cumple. Troúxonos chuches para todos e un pompero, e nos démoslle unm montón de bicos.
Moitas grazas e FELICIDADES!!











xoves, 10 de xaneiro de 2019

CUMPRE DE KEVIN

Os vagalumes fanse maiores, hoxe na clase de 5 anos celebramos o cumpreanos do noso Kevin que fixo 6 anazos. Trouxo unha tarta moi chula, coa súa foto e todo, unhas chuches e unha sorpresa. E como non, nós démoslle un montón de bicos. MOITAS FELICIDADES KEVIN!!!






Na aula de 3 tamén viñeron os reis. Que alegría levamos.
 Así da gusto comenzar o ano.

mércores, 9 de xaneiro de 2019

VIÑERON OS REIS!!!

Os vagalumes de 5 anos xa volvimos de vacacións e ao chegar a clase levamos unha gran sorpresa, atopamos debaixo da árbore  de nadal uns regaliños para cada un de nós e outro para a clase. Resulta que viñeron os Reis Magos!!! Canto nos gustaron!!!



martes, 8 de xaneiro de 2019

XA ESTAMOS DE VOLTA!!

Que ben nos sentaron as vacións!! E é que despois duns días de descanso regresamos ao cole con moitas ganas de ver aos amigos e de contar milleiros de experiencias vividas.
Pero co que non contabamos é coa visita do Apalpador, que nos deixou baixo a nosa Árbore unha morea de agasallos!
 MOITAS GRAZAS APALPADOR!! Agardámoste o ano que vén.