venres, 31 de decembro de 2021

CAMPA-CHUCHES!!!

A piques de rematar o ano queremos ensinarvos como foi o noso "fin de trimestre" e as campachuches da sorte. Ás 12:00 hs. do día 21 de decembro sucedeu...




E se queredes velo en vídeo, pinchade AQUÍ

martes, 21 de decembro de 2021

Ato o ano!!!

E así de guap@s nos despedimos ata o vindeiro anos os valumes de aula mixta. Desexámosovos a todos unha felices festas e mandámoslle un bico e un abrazo enorme á nosa compi Martina Rey que hoxe non veu ao cole. 



 

BOAS FESTAS!!!

Esta é a felicitación de Nadal do cole, elaborada coas tres postais gañadoras do concurso de postais do EDLG, unha por cada etapa educativa. 


  E aquí as gañadoras recibindo o seu agasallo, entre elas a vagalume LÚA MOSQUERA GARCÍA. 


luns, 20 de decembro de 2021

Parabéns Martina Castro!!!

O pasado sábado 18 de decembro Martina Castro cumpriu catro aniños!!!. E hoxe quixo celebralo na aula con todos nós. 


venres, 17 de decembro de 2021

Un ovo máxico!!!



Xa fai uns días apareceu na aula un ovo cunha instrucción: se queredes ver o que pasa con este ovo só tedes que metelo en auga e esperar!!! E todos emocionados tocámolo e logo metémolo en auga...

xoves, 16 de decembro de 2021

Dinos na aula!!!


Que ben o estamos pasando co proxecto dos Dinosaurios e canto aprendemos. A semana pasada foi xenial pois os DINOS viñeron ó cole. Mirade, mirade

mércores, 15 de decembro de 2021

Proxecto Dinosaurios


Relacionados cos volcáns continuamos o noso proxecto. Os volcáns causaron, según algúns cientificos, a desaparición dOS DINOSAURIOS!!! 

Así foi o comezo:



martes, 14 de decembro de 2021

Proxecto Volcáns

Aló polo mes de outubro iniciamos o proxecto deste primeiro trimestre: OS VOLCÁNS E OS DINOSAURIOS. 

Unha das actividades iniciais foi a elaboración dun volcán e a súa posterior erupción. Empregamos auga, vinagre, colorante e bicarbonato. Aquí vos deixamos unha mostra. 


luns, 13 de decembro de 2021

Preparando o Nadal

Na aula mixta tivemos unha semana intensa preparando as nosas árbores. Este ano mercamos unha de madeira na que tiñamos que ir colocando as pezas por orde segundo o tamaño; gustounos moito e quedou superchuli cos adornos que lle puñemos. 





venres, 3 de decembro de 2021

Carreira Solidaria

 O pasado 19 de novembro participamos na Carreira Solidaria a favor de Save the Children. Queres vernos correndo, preme na imaxe

CONSERVA A TÚA MERENDA

Xa temos os resultados das enquisas que vos enviamos para coñecer os hábitos de merenda dos vagalumes, e os resultados non están mal. Correspóndense coa totalidade de alumnado de 4º e 5º de infantil e 14 de 6º de infantil.

Fai clic ao teu bocata de...

O pasado 4 de novembro iniciamos as actividades do PLAN PROXECTA: FAI CLIC AO TEU BOCATA no que estamos apuntados os vagalumes de 4º e 5º de infantil. Esta primeira actividade consistiu na degustación dun bocata de sardinillas. A uns gustounos máis ca outros, algúns repetimos,... pero o importante é que todos e todas o probamos. Mirade, mirade: 


mércores, 1 de decembro de 2021

Parabéns Lía e Lúa

Día de festa na aula mixta, e por partida dobre!!!. As vagalumes Lía e Lúa fanse maiores e xa teñen 5 aniños.  PARABÉNS!!!



luns, 29 de novembro de 2021

25N. Día contra a Violencia de Xénero

O pasado xoves, 25N, foi o Día Mundial contra a Violencia de Xénenro, fixemos este mural entre todo o alumnado do Ponte. Ademáis o concello agasallounos cunhas camisetas coas que estabamos guapísim@s!!!

martes, 23 de novembro de 2021

CUMPRE NAIRA

 Hoxe  foi un día de celebración na clase de 6º de E.I. porque a nosa benxamina do grupo estivo de cumpreanos. Xa somos tod@s uns moz@s de 5 anos. Para celebralo cantamos coa nosa supertarta e a nosa mascota Bimba e para rematar unhas chuches moi doces. Que ben o pasamos!!!!

PARABÉNS NAIRA!!!!


mércores, 10 de novembro de 2021

Cestiños para o Magosto

Xa están listos os cestiños para o Magosto dos vagalumes da aula mixta. Así de chulis quedaron as botellas que nos mandastes. Moitas gracias familias!!!


CUMPRE DE DANIEL E RUBÉN

Hoxe celebramos o cumpreanos de Daniel e Rubén. Xa son uns chicos de 5 anos!!

Para festexalo cantamos coa nosa supertarta e a nosa mascota Bimba, despois eles repartiron unhas chuches riquísimas.

PARABÉNS DANIEL E RUBÉN!!!!


sábado, 6 de novembro de 2021

Parabéns Sofía!!!

 Venres de festa na aula mixta. Nesta ocasión foi para festexar o cumpreanos da vagalume Sofía, que hoxe sábado cumnpriu 4 aniños. 

martes, 2 de novembro de 2021

O profe Fran e os volcáns

Hoxe o profe Fran contounos moitas cousiñas sobre os volcáns aos vagalumes da aula mixta.

Non sei se sabedes que estivo varios anos de mestre nas Illas Canarias, zona volcánica española por excelencia. E trouxonos pedras volcánicas reais  e poidemos tocalas!!! E amosounos moitas fotos na que aparecía el nos volcáns, icluso no cráter e dentro deles!!! , o que fai que o entendamos mellor.. Aprendemos moitas cousas con el. 


sábado, 30 de outubro de 2021

Sorpresiñas saborosas e agradables!!!

Onte tamén tivemos sorpresiñas na aula mixta. As vagalumes Sheila e Sofía trouxéronnos chuches!!!

Sheila traia un bolsiño con cousas ricas ricas e Sofía unha cabaza cuns pelos... que ata lle arrincamos 17 para comer!!!



 

MOITAS GRAZAS COMPIS!!! 

Menú de samaín

Un minipercorrido polo noso xantar "especial samaín". Estaba todo, todo riquísimo!!! 

venres, 29 de outubro de 2021

Samaín 2021

E por fin chegou o día!!! Hoxe foi un día especial no cole, o Samaín estivo presente durante toda a mañá e un ano máis gozamos dunha das nosas tradicións máis antergas. 

Disfraces, cabazas, xantar especial fixeron que fose un día 10!!!. E queremos darvos as grazas (moitas, moitas grazas) pola vosa colaboración para facer posible este día. 


xoves, 28 de outubro de 2021

Caroutas terroríficassssss...

Hoxe os vagalumes da aula mixta (4º-5º) marchamos para a casa con estas caroutas que nos quedaron moi bonitas. Gatos, vampiros, lobos, cabazas, Frankis, bruxas,...Quen se agocha detrás???


Se precisades unha pista... vai!!!

martes, 26 de outubro de 2021

Achégase o Samaín...

Arrincamos semana do Samaín con invasión de cabazas, cabazas que traen dentro unha sorpresiña!!! Mirade, mirade



martes, 19 de outubro de 2021

Parabéns Diego!!!

 E seguimos medrando!!!. Outra mini-festa na aula mixta. O turno foi agora para Diego que estivo de cumpre o sábado pero quixo celebrarlo no cole. 


mércores, 6 de outubro de 2021

martes, 5 de outubro de 2021

Día do sorriso

O pasado día 1, primeiro venres de outubro, foi o DÍA DO SORRISO. E no Ponte adicámonos a debuxar sorrisos, eses sorrisos que temos agochados trala máscara. Que ben o pasamos debuxándonos sorrisos os uns aos outros. 


xoves, 30 de setembro de 2021

venres, 24 de setembro de 2021

CUMPRE DE LOLA

Hoxe estivemos de celebración na clase de 6º de E.I. xa que Lola está de cumpreanos. OS VAGALUMES FANSE MAIORES!!!

A nosa Lola cumpre 5 aniños e para celebralo trouxonos unhas chuches moi boas e uns rotuladores máxicos.

Que ben o pasamos facendo os nosos debuxos máxicos......

PARABÉNS LOLA!!!!!


xoves, 23 de setembro de 2021

Imos ao cole!!!

 O mércores demos por rematado o periodo de adaptación para 4º de infantil. Non foi tan mal, e contamos coa axuda dos seus compis, os vagalumes de 5º de infantil. Así foi a semana:

Parabéns Zule!!!

 Hoxe foi día de festa na aula de 4º-5º de infantil. A vagalume Zule estivo de cumpre en agosto e hoxe quixo traernos unha chuches. 


mércores, 22 de setembro de 2021

ARCIMBOLDO DE VERÁN

Para despedir o verán e dar a benvida ao outono os vagalumes de 5º EI rematamos o noso ARCIMBOLDO O DE VERÁN



1º día de comedor para os novos vagalumes

 Hoxe foi o primeiro día de comedor para a "mini pandi" de 4º de infantil. A encargada de hoxe, Sofía de 5º de infantil guiounos ata o comedor e os demáis vagalumes de 5º indicáronlles cal era o seu sitio. 


martes, 21 de setembro de 2021

FIN DO VERÁN

 Hoxe para despedir o verán na clase de 6º de E.I. fixemos uns xeados moi simpáticos. Os pintamos, os recortamos e quedaron así de chulis. Que vos parece?

domingo, 19 de setembro de 2021

CUMPRE DE INÉS

 A semana pasada celebramos o cumpreanos da nosa compi Inés, que cumpriu 5 anos no verán ,e tiña moitas ganiñas de festexalo con tod@s nós. Por iso trouxo unhas chuches ben boas para tod@s. MOITAS, MOITAS FELICIDADES!!!!


domingo, 12 de setembro de 2021

Benvid@s 6º de E.I.

Xa estamos aquí de novo para disfrutar doutro curso e aprender moitas cousiñas novas. A volta ao cole resultou moi doce. 

xoves, 9 de setembro de 2021

Novos vagalumes!!!

Primeiro día de cole para Diego, Lucca, Martina García, Sabela, Matina Rey, Martín Meijide e Martín Rodríguez. Hoxe foi pouquiño tempo pero pasámolo xenial nos rincóns de xogos.