Amosando publicacións coa etiqueta Motriciade fina. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Motriciade fina. Amosar todas as publicacións

mércores, 5 de maio de 2021

Bolboretas dun xeito especial

Esta semana as vagalumes de 4º E.I. estivemos facendo bolboretas. E fixémolo dun xeito diferente empregando gasas,rotuladores e "tititas". Decoramos as gasas cos rotus facendo puntiños ou pintando e... unha vez secas enrugámolas polo medio e colocamos unha tirita. 

domingo, 15 de novembro de 2020

FROITOS DO OUTONO: AS UVAS

 Mirade que acio de uvas máis chulis fixemos as vagalumes de 3 aniños. Primeiro fixemos boliñas con papel de seda para simular uvas e logo pegámolas e pintamos unha folla. Hoxe veu Carla e xa fixo a súa fichiña das uvas: 

Depresores de cores!!!

 A finais de outobro as vagalumes de 3 aniños empezamos a traballar cos nosos depreseores de cores. Foi a nosa primeira toma de contacto con este material. Abrímolos, metémolos na súa caixiña e xogamos libremente con eles. Logo probamos a reproducir modelos e saiunos bastante ben, o que máis nos gustou foi facer triángulos de cores.  


martes, 3 de novembro de 2020

Iniciámonos co punzón

Hoxe as pequevagalumes de 3 anos iniciámonos no uso do punzón. E sabemos que temos que ter moito coidado cando o usamos porque nos podemos pinchar e tamén que hai que andar con moito coidado para non magoarnos unhas ás outras. 

A primeira experiencia, picar libremente, foi XENIAL!!!

domingo, 3 de novembro de 2019

Cosemos

Aos vagalumes de 6º de Infantil gústanos moito coser. Aquí vos deixamos unha fotiños dun dos días que cosemos...