mércores, 31 de xaneiro de 2018

Froita fresca no recreo

Durante a semana do 22-26 de xaneiro dis-fruta-mos da primeira semana de distribución de froita fresca nos recreos. 




Se queres ver máis fotiños nosas tomando este rica froita preme na imaxe...


martes, 30 de xaneiro de 2018

DÍA DA PAZ NA AULA DE 3 ANOS

Como cada 30 de Xaneiro, celebramos no colexio o Día da Paz, e este ano non podía ser diferente.
Por iso, para conmemoralo, elaboramos unhas gafas moi especiais coas que poder ver un mundo mellor. 


 E tamén o celebramos cunha chocolatada con churros que nos gustou moitísimo a tod@s!!


HOXE ANDRÉS ESTIVO DE ANIVERSARIO!!

Pero o Día da Paz non foi a única celebración que tivemos hoxe no colexio...
ANDRÉS ESTIVO DE ANIVERSARIO!!!!
E é que os nosos pequenos vagalumes se están a facer maiores. 
Esperamos que desfrutes ao máximo eses 4 anos!


Ademais Andrés quixo facernos un agasallo a cada un de nós. Unha bolsa de chuches!!



PARABÉNS ANDRÉS!!


xoves, 25 de xaneiro de 2018

INVÁDENNOS OS SUPERHEROES!!!

Como ben sabedes, ao longo deste trimestre imos traballar os SUPERHEROES. Un tema que aos cativos lles está gustando moitísimo!!!! Tanto é así, que están a aparecer un montón de Superheroes na aula de 3 anos. Fixádevos!!!!





Como lles gusta disfrazarse e loitar contra os villanos!

Por iso... queremos aproveitar para agradecer a vosa implicación e pedirvos que nos sigades axudando a aprender máis cousiñas sobre os Superheroes con información, debuxos, contos... ou calquera outra cousas que se vos ocorra.
Grazas familias! 

martes, 23 de xaneiro de 2018

O CUMPRE DE SARA

Hoxe na clase de 5º de E.I. tivemos cumpreanos, a nosa Sara cumpriu 5 anos e para celebralo comimos unha tarta moi boa e repartiu chuches para todos, non sin antes darlle un bico cada un de nós. MOITAS FELICIDADES SARA!!!




OS SUPERHEROES

Nesta semana pasada tivemos unha sorpresa inesperada, na bilioteca estábannos esperando uns personaxes moi especiais subidos a uns edificios moi altos. Ao principio non sabiamos que eran ata que nos dimos de conta que eran SUPERHEROES . Neste trimestre imos a aprender moitas cousas sobre eles e sobretodo os valores que defenden , o triunfo do ben sobre o  mal e o valor da amizade.






sábado, 20 de xaneiro de 2018

CUMPLE DE CARLA

O luns 15 de xaneiro, cumpleu anos Carla. XA TEN 6 ANOS!!
Trouxo unha torta moiiiii rica de chocolate. e ademais larpeiradas para todos.
MOITOS BICOS E  FELICIDADES!!!





CUMPLE DE TEO MOAR

O máis pequeno da clase cumpleu anos o 20 de decembro e por "problemas técnicos" non se publicaron as fotos. Pero aqui están...Comimos unha torta de chocolate boísima e troúxonos chuches para todos. MOITAS FELICIDADES TEO !!!!




domingo, 14 de xaneiro de 2018

COCIÑA DE NADAL

Os vagalumes de 5 anos esta semana, tamén cociñamos . Elaboramos un Papá Noel con froitas e chuches. Estaba boííííííísimo!!!

Amorodos, plátanos,lacasitos, nubes, chocolate e un pao para ensartar.







MIRADE QUE CHULOS NOS QUEDARON!





MMMMMM......QUE RICOS!!!!




xoves, 11 de xaneiro de 2018

POSTRES DE NADAL

Á volta das vacacións de Nadal, decidimos preparar unha merendola especial. Para iso precisamos froita (plátano e framboesas), tortitas de maíz e lacasitos. Que boa pinta!!!




mércores, 10 de xaneiro de 2018

O CUMPRE DE KEVIN

Hoxe na clase dos vagalumes de 5º de infantil celebramos o primeiro cumpreanos do novo ano. O noso Kevin fixo 5 anos e regalounos un conto para cada un de nós xunto coas chuches e ademáis trouxo unha tarta cun tractor que fixo a súa nai e era superchula. MOITAS FELICIDADES!!!








martes, 9 de xaneiro de 2018

COCIÑA DO NADAL

Os vagalumes de catro anos hoxe estivemos moi ocupados cociñando. Tiñamos pendente a cociña do Nadal e hoxe por fin o fixemos, Cociñamos una estupenda árbore de Nadal con hoxaldre e chocolate, ESTABA BOÍSIMA.








luns, 8 de xaneiro de 2018

MENUDA SORPRESA!!

Os vagalumes  voltamos das vacacións de Nadal e xa estabamos desexando vir ao cole para ver aos nosos compis. Ao entrar na clase MENUDA SORPRESA!! VIÑERON OS REIS!!e trouxéronnos uns lápices moi chulos para cada un e para a clase un xogo de Carapuchiña Vermella. QUE GUAY!!!



XA ESTAMOS DE VOLTA!!

Que ganas tiñamos tod@s de volver ao cole!!! Despois de tantos días de descanso, tiñamos moito que contar aos nosos amigos e profes, comezando polos agasallos que nos deixaran Papá Noel e os Reis Magos. Polo que se ve... estes pequenos vagalumes portáronse moooi ben porque tiveron moreas de regalos!! Pero esta mañá, na nosa aula, tamén tivemos unha enorme sorpresa... O Apalpador pasou por aquí e deixounos uns pequenos regaliños para cada un de nós!!! Uns lápices con gomas para taballar moito con eles.





Pero este non foi o único agasallo que tivemos. O Apalpador tamén nos deixou un paquete moi grande para todos os cativos da aula de 3 anos. Un xogo de mesa moi chulo dos Tres Porquiños!! 
QUE BEN O IMOS PASAR!!