luns, 27 de abril de 2020

A MELLOR SOPA DO MUNDO


De novo o profe Fran contounos un conto "A mellor sopa do mundo" e como nos gustou moito fixemos un debuxo. A que o fixemos moi ben!















xoves, 23 de abril de 2020

Un agasallo

O Vagalume Izan, de 5 anos, mándanos este debuxo para todos os seus compañeiros. Nada que decir, só mirade:


CARAS SIMPÁTICAS

Os vagalumes de 5 anos decidimos facer unhas cariñas moi simpáticas con cousiñas que tiñamos pola casa. Mirade, mirade,...












CARABUÑAS

Aos vagalumes de 5 anos gustounos moito o conto que nos contou o profe Fran dende a súa casa e fixemos estes debuxos de CARABUÑAS:














Día do libro 2020

 Hoxe é o día do libro e coas fotos tan chulas que mandastes dende o confinamento con lecturas que vos axudan a sobrelevar un pouqiño mellor estes días fixemos este fermoso vídeo



mércores, 22 de abril de 2020

CARABUÑAS 3ANOS

Os peques de 3 anos tamén fixemos os nosos debuxos de CARABUÑAS, así quedaron de chulis.
ÁNIMO XA QUEDA MENOS!!







martes, 21 de abril de 2020

CARABUÑAS

O profe Fran contounos o conto de Carabuñas, dende a súa casa,  xa que seguimos confinados. E nós, os vagalumes de 4 anos, fixemos estes debuxos. GÚSTANVOS?
PRONTO ESTAREMOS TOD@S  XUNTOS DE NOVO! ÁNIMO!!!!






luns, 13 de abril de 2020

A primavera

O pasado 20 de marzo despedímonos do inverno e demos a benvida á primavera. Con estes debuxos a recibiron algúns dos vagalumes maiores.