mércores, 28 de abril de 2021

Carreira Solidaria 2021

Hoxe celebramos a XVII Carreira Solidaria da ONG SAVE THE CHILDREN co fin de recadar fondos para @s nen@s máis desfavorecidos. Moitas grazas pola vosa colaboración e solidariedade. 

CARREIRA SOLIDARIA 2021 de Ed. Infantil Ponte Carreira

martes, 27 de abril de 2021

Información ás familias

Ola familias recordade que é importante mandarlles todos os días a funda para gardar a máscara durante a hora do comedor.

Recordámosvos tamén que revisedes a mochila d@s vagalumes todos os días, pois poden levar algunha información relevante. A pesar de que a comunicación directa é a través do CLASS DOJO - que tamén é conveniente revisar- ou ABALAR - comunicados do centro-, nalgunha ocasión levan algún tipo de documentación e/ou información, por exemplo os papeis de pago de comedor, a particpación na carreira solidaria,...

Procurade ser puntuais á hora de entrada e recordade que non se pode acceder ás aulas a non ser que as titoras ou calquera persoal do centro volo solicite, tampouco se pode entrar no centro a non ser que se teña cita ou que se volo solicite. 

 


EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL

luns, 26 de abril de 2021

Día do libro

 Este venres pasado festexamos no cole o Día do Libro e tivemos varias sorpresas!! A primeira delas foi que tivemos un contacontos ven especial e orixinal da man de Esteban (da compañía Tarabelos), logo fixemos unha merenda moooi larpeira de chocolate con biscoitos e para rematar o día, levamos os nosos esperados libros da primavera para á casa!! Aquí tedes unha pequena mostra dese día.



Cumple de Marzo


 A profe está algo despistada e por iso, a piques de rematar xa Abril, aínda subo hoxe o cumple de Daniela en marzo!! Nos festexámolo como podemos e pasándoo moi ben! 

Este mes de Abril non tivemos ningún cumple pero xa estamos desexando celebrar os de Maio!!

venres, 23 de abril de 2021

Recreando portadas

Aquí vos deixamos as fotos dos vagalumes como protagonistas dos contos. Recordade que podedes seguir enviando traballiños durante todo o mes, tanto os que non o fixeron aínda coma os que queiran facer máis. 

domingo, 18 de abril de 2021

sábado, 17 de abril de 2021

Día do Libro 2021

Ola familias, xa está próximo o DÍA DO LIBRO e dende o Equipo de Biblioteca, como xa saberedes, propóñennos unha actividades superchula. 

Animádevos a CONVERTERVOS NA PORTADA DUN LIBRO, que @s nos@s vagalumes, e familias, sexan os protagonistas dos seus libros preferidos. 

Toda a información no blog da biblio: 


Horta!!!

E como non, os vagalumes de 6º de infantil tamén puñemos os pes na horta. Mirade, mirade: 


venres, 16 de abril de 2021

Parabéns Zoe!!!

E seguimos medrando!!! Hoxe o turno foi para a vagalume ZOE que cumpriu catro aniños!!!


A PLANTAR!!!

 Os vagalumes de 5º de E.I. tamén fomos á nosa horta e plantamos leitugas, repolos, cebolas, pementos e tomates. Canto traballo!!


xoves, 15 de abril de 2021

mércores, 14 de abril de 2021

Inuaguramos hortaaaa!!!

Onte, as vagalumes de 4º de infantil inuauguramos horta!!!. Non foi como tiñamos planeado porque nos empezou a chover e tivemos que recoller o "plantío" que deixamos no invernadeiro; pero enseguida atopamos alternativa: fixemos semilleiros no patio: perixel, fresas, xudías e cenoiras!!!. Pronto volveremos e plantaremos


Experimentos con sementes


O luns as vagalumes de 4º EI fixemos un experimento con lentellas e fabas pera ver como xermina e van medrando. Nunha bolsiña de conxelar puñemos algodón e logo unhas lentellas e fabas. Botámoslle un pouco de auga e colgámolas nas ventás para que lles dea o calorciño e teñan efecto invernadoiro. Así iremos vendo como empezan a xerminar e como van medrando. 

 

martes, 6 de abril de 2021

CUMPRE DE VALERIA

 Xa estamos de volta das vacacións e na aula de 5º de E.I. empezamos o trimestre con celebración, porque a nosa Valeria fixo hoxe 5 anos. Como sempre cantamos , "soplamos" as velas da tarta e fixémoslle uns debuxos.                            

MOITAS FELICIDADES VALERIA!!!


Froita fresca no terceiro trimestre

Neste terceiro trimestre tamén tomaremos FROITA FRESCA nos recreos. Será... TODOS OS XOVES!!!