Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Abellas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Abellas. Amosar todas as publicacións

mércores, 31 de maio de 2017

Unha visita especial

O pasado 25 de maio tivemos unha visita especial. Santi, o papá de Elba e Nadya veu ata o cole a contarnos cousiñas das abellas porque sabe un montón. Ademáis trouxonos para probar mel de varios tipos. polen, propóleo e xalea real. 
Queredes ver fotos?... Xa sabedes, premede na imaxe. 




MOITAS GRAZAS SANTI!!!

xoves, 25 de maio de 2017

Seguimos co proxecto das abellas

 Os nen@s de 4 anos están facendo abellas moi chulas de plastilina para decorar o cole, aquí vos deixamos unha mostra das manualidades que fan.
Ademais hoxe probaron o propóleo e a algúns nen@s gustoulle moito para prever as enfermidades!











martes, 9 de maio de 2017

LÁPICES DE ABELLAS

A nosa compi Noa deunos unha sorpresa na clase de 3 anos, regaluonos uns lápices de abellas moi símpaticos que nos gustaron moito. GRACIAS NOA😘




luns, 8 de maio de 2017

AS ABELLAS

Os peques de 3 anos seguimos a traer material para o noso recuncho das abellas , esta vez tocoulle a Lolita que trouxo unhas antenas de abella e un debuxo, e claro non nos poidemos resistir a poñelas e coverternos en abelliñas. Tamén Ulises trouxo un conto superchulo e un tarro de mel.
O noso recuncho crece e aprendemos moitas cousas sobre estes animaliños.




xoves, 4 de maio de 2017

Somos apicultores

Xa vos contamos que Icía trouxo un traxe de apicultor; xa sabemos que este "traballador" é o encargado de coidar das abellas, de extraer o mel das colmeas,... E hoxe convertémonos en apicultores e xa estamos listos para adentarnos no fantástico mundo das abellas. 















Recuncho das abellas 5 anos

Os vagalumes de 5 anos tamén temos o noso recuncho das abellas, que vai medrando día a día coas cousiñas que nos van mandando as familias. Ainara e Noelia trouxeron mel que xa estamos desexando probar, José trouxo unhas cartas de Maya para formas parellas que nos molan un montón, Icía trouxo o traxe do apicultor e varios apeiros, Noelia tamén trouxo un anaquiño dunha colmea  e moita información sobre as abellas; e tamén temos unha colmea que nos trouxo Elba e Nadya. Mirade, mirade...













mércores, 3 de maio de 2017

O RECUNCHO DAS ABELLAS

O noso recuncho das abellas dos vagalumes de 3 anos, cada día ten mellor pinta. Xa temos máis material, gracias as familias . Onte e máis hoxe trouxeron cousas: Omar, Noa, Kevin e Aroa. Estivemos moi atentos cando nolas ensinaron. QUE CHULAS.






martes, 2 de maio de 2017

PROXECTO ABELLAS

Hoxe escoitamos aos  nosos compañeiros que trouxeron materiais para o proxecto das abellas,  Tania trouxo un lapiceiro, un puzzle e un debuxo; Claudia trouxo un debuxo, carla unha vela e Lara unha marioneta moi chula!
 Esperamos que traigan máis cousas para aprender moito.