Amosando publicacións coa etiqueta Horta. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Horta. Amosar todas as publicacións

martes, 18 de outubro de 2022

Visita á horta

Hoxe iniciamos temporada de horta, nesta primeira visita tocaron labores de limpeza. Pasámolo xenial e temos que volver porque aínda non rematamos. 

martes, 5 de abril de 2022

Xornada de horta!!!

Hoxe os vagalumes da aula mixta estreamos a tempada de horta!!! Ataviados coas nosas botas e gorras aló fomos plantar patacas, cebolo, repolo, brócoli, coliflor e remolacha. Para primeira xornada non estivo nada mal, jaja. 

Queres vernos en acción???? Preme na imaxe e... a disfrutar tanto coma nós. 

domingo, 25 de abril de 2021

Plantamos fresas!!!

O noso conserxe Suso preparounos e montounos estes palés para facer o noso horto de fresas. E o xoves fomos plantalas, xa estamos desexando que saian....

sábado, 17 de abril de 2021

Horta!!!

E como non, os vagalumes de 6º de infantil tamén puñemos os pes na horta. Mirade, mirade: 


venres, 16 de abril de 2021

A PLANTAR!!!

 Os vagalumes de 5º de E.I. tamén fomos á nosa horta e plantamos leitugas, repolos, cebolas, pementos e tomates. Canto traballo!!


xoves, 15 de abril de 2021

mércores, 14 de abril de 2021

Inuaguramos hortaaaa!!!

Onte, as vagalumes de 4º de infantil inuauguramos horta!!!. Non foi como tiñamos planeado porque nos empezou a chover e tivemos que recoller o "plantío" que deixamos no invernadeiro; pero enseguida atopamos alternativa: fixemos semilleiros no patio: perixel, fresas, xudías e cenoiras!!!. Pronto volveremos e plantaremos


Experimentos con sementes


O luns as vagalumes de 4º EI fixemos un experimento con lentellas e fabas pera ver como xermina e van medrando. Nunha bolsiña de conxelar puñemos algodón e logo unhas lentellas e fabas. Botámoslle un pouco de auga e colgámolas nas ventás para que lles dea o calorciño e teñan efecto invernadoiro. Así iremos vendo como empezan a xerminar e como van medrando. 

 

luns, 1 de xuño de 2020

A horta do cole

Os vagalumes de 6º de infantil inauguramos a nosa horta aló polo 10 de outubro. Unha horta nova!!! que o noso conserxe nos preparou no verán. Grazas Suso!!!.
Así nos foi, jaja:


Logo viñeron as xiadas e... a nosa plantación desapareceu, bueno iso foi o que nos pareceu. Logo o frío e a choiva e decidimos que ata a primavera non iamos poder volver, a pesares de que a nosa plantación parecía que "reviviía". Logo vou o COVID-19 e... xa imaxinades. O 26 de maio a profe foi ao cole e dedicidiu achegarse á horta porque vía moitas malas herbas e follas pero polo medio parecía que as coles, polo menos, seguían ahí.






  Pero unha vez alí.... SORPRESAAAAA!!!! Hai algo da nosa cosecha, mirade mirade


Os repolos e coliflores "reviviron" e medraron moito moito, listos para comer!!!

xoves, 4 de maio de 2017

Fomos á horta...

Hoxe os vagalumes de 5 anos fixemos outra visita á horta e levamos unha sopresa.... non sabemos que bicho foi pero arrincounos todos os tomates e pementos😢😢😢😢. 

Na xornada de hoxe fixemos moito, moito traballo. Primeiro quitamos as herbas ao brócoli, coliflor e coles. 



Logo fixemos un semilleiro de perixel e metémolo no noso mini-invernadoiro. 


Finalmente, prantamos unhas fresiñas que trouxo a profe (haber se non nolas levan os paxariños) e transplantamos os guisantes que tiñamos en algodón. 



martes, 2 de maio de 2017

A PLANTAR!

Hoxe decidimos plantar na clase unhas lentellas e ver como van medrando, aquí vos deixamos algunhas mostras.







venres, 14 de abril de 2017

Plantamos pementos, tomates e allos

Que ben o pasamos o xoves 6 na horta. Nesta ocasión tocou plantar pementos, tomates e allos. Se queres ver que ben o fixemos, xa sabes... preme na imaxe.


xoves, 30 de marzo de 2017

Plantamos guisantes

Hoxe os vagalumes de 5 anos plantamos guisantes. Pero non o fixemos na horta, senón nun vasiño de plástico e entre algodón, para poder ver como medran as súas raíces. Cande xermolen transplantarémolos na horta. 



















mércores, 15 de marzo de 2017

A NOSA PEQUENA HORTA

Por fin, o pasado venres aproveitando o bo día fomos á horta. Tiñamos moitas gañas. Prantamos flores e cabazas. Canto traballamos!!!




luns, 13 de marzo de 2017

¡Imos a horta!


🌼🌻🌺O venres decidimos saír e plantar xa que fixo moi bo tempo, 
así de ben se nos deu a horta.🌼🌻🌺

venres, 17 de febreiro de 2017

Plantamos brócoli, colifror e coles

Ao fin apareceu un bo día e os vagalumes de 5 anos non perdemos a ocasión de ir á horta para empezar a nosa plantación. O primeiro que fixemos foi preparnos para tan ardua tarefa. 


O continuación tocou "remexer" un pouquiño a terra para preparala. 


Logo plantamos o brócoli e a coliflor facendo buracos



Para plantar as coles fixemos un rego, colocámolas e logo tapámolas. 


Regamos todo e listo!!! Pasámolo xenial. En seguidiña repetiremos, se segue este bo tempo.

mércores, 23 de novembro de 2016

Inauguración da horta

O pasado día 17 demos por inaugurada a horta do cole. Fomos sachar un pouquiño para preparar a terra e así poder prantar. Pasámolo xenial. Clika na imaxe e veralo...

https://photos.google.com/album/AF1QipPLwMwIULZcyTRiJj1NbWsiqUhCvb_QCxUctUqZ

venres, 9 de outubro de 2015

TRABALLO NA HORTA



 Hoxe os vagalumes de 6º de E.I. fomos traballar por primeira vez á nosa horta do colexio a sacar as malas herbas que nos deixaron os nosos compis de 4 anos. A verdade é que o pasamos moi ben.
Primeiro puxemos as botas de traballo. E mans á obra! A sacar herbas.
Como puxemos as mans!!!! QUE DIVERTIDO!!!





xoves, 8 de outubro de 2015

Estreamos horta!!!

Hoxe os vagalumes de catro aniños estreamos a nosa horta!!!!!!! Adicámonos a quitar as "malas herbas", pero non todas porque lles deixamos para os outros vagalumes e os "peques" de 1º e 2º de primaria. Pasámolos xenial.