sábado, 30 de xuño de 2018

O son que me arroupa

O pasado 1 de xuño poidemos disfrutar un ano máis, grazas á colaboración do Concello de Frades, da actuación "O son que me arroupa", da Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy, para o alumnado de preescolar na casa, Educación Infantil e 1º de Educación Primaria. Xa sabes, preme na imaxe e... fotiños!!!

https://photos.google.com/share/AF1QipMImIcW0GWB49DuTmHSdRvta0xznwumbxg3XjpPJ-kaadY4H6a7VNMO6ZMJAVpUMA?key=cUtleE9LOHNtai1HYTZRc1p4ckJzX1c1SWtPN2dn

Noraboa!!!

Noraboa vagalumes!!! Unha etapa que rematades... e da que estamos moi orgullosas de vós. Agora... rumbo a primaria, pero recordade que sempre seredes "vagalumes". Moitos bicos e apertas.

xoves, 28 de xuño de 2018

Froita fresca nos recreos

Durante as semanas do 4-8 e do 11-14 de xuño tomamos moita, moita froita nos recreos, dentro do Plan Proxecta: amorodos, cereixas, melocotón,... Preme nas imaxes e verás...

https://ardoradoalbeiroenflor.blogspot.com/2018/06/froita-nos-recreos-do-4-ao-8-de-xuno.html

http://ardoradoalbeiroenflor.blogspot.com/2018/06/froita-nos-recreos-do-11-ao-14-de-xuno.html


mércores, 27 de xuño de 2018

Ponlle as pilas ao teu bocata

No pasado 19 de xuño, o alumnado de infantil e primaria poido desfrutar de saborosos bocatas grazas á iniciativa "Ponlle as pilas ao teu bocata". Tras a charla todos preparamos o noso bocata do xeito máis saludable e saboroso posible.
Non podes perderte as fotos deste día, preme na imaxe:



Se queres saber máis sobre esta iniciativa fai click na imaxe:



O sabor da aventura está no mar

Un ano máis, disfrutamos dos obradoiros do programa O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR. 
Podes ver fotiños premendo na imaxe


Se queres saber máis cousiñas deste programa preme na imaxe.

mércores, 20 de xuño de 2018

CUMPRE DE AROA

Hoxe tivemos festa na aula de 4 anos porque celebramos o último cumpreanos deste curso, o da nosa Aroa, que estaba moi emocionada. A súa mami fíxonos unha tarta preciosa e moi rica que comimos todos ata que algún se lle puxo a lingua azul  😁, Aroa repartiu unhas chuches e nós dímoslle un montón de bicos. MOITAS FELICIDADES!!!

 





mércores, 13 de xuño de 2018

Actuacións Letras Galegas

E aquí vos deixamos as nosas actuacións na X Romaría das Letras Galegas. Estamos subindo os vídos dos demáis cursos, nos vindeiros días podes velos no blogue do EDLG: natualingua.blogspot.com


xoves, 7 de xuño de 2018

MOITAS FELICIDADES DAVID!!

O curso está chegando ao seu fin e, como moitos nenos e nenas cumpren anos durante o verán, estámolos a celebrar por adiantado!!
Hoxe fixo a súa pequena festa DAVID, e dicimos pequena porque seguimos con varios cativos enfermos que se perderon este día tan especial.
De todos modos, David estivo acompañado polo resto de compañeiros, os cales lle deron moitos bicos e apertas!!

PARABÉNS!!!!