Amosando publicacións coa etiqueta Outono. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Outono. Amosar todas as publicacións

mércores, 18 de novembro de 2020

O MAGOSTO EN 6º EI

O pasado 11 de novembro foi o magosto, a festa da castaña. E os vagalumes maiores comemos castañas ata fartar. Mirade, mirade: 

domingo, 15 de novembro de 2020

FROITOS DO OUTONO: AS UVAS

 Mirade que acio de uvas máis chulis fixemos as vagalumes de 3 aniños. Primeiro fixemos boliñas con papel de seda para simular uvas e logo pegámolas e pintamos unha folla. Hoxe veu Carla e xa fixo a súa fichiña das uvas: 

O MAGOSTO EN 4º EI

A semana pasada (9-13 de novembro 2020) foi unha semana adicada ao magosto na aula das vagalumes de 3 anos. Fixemos moitas actividades: o cestiño para o magosto, unha castamóbil, "tocamos ourizos" (dentro están as castañas),  pintamos unha castaña con pintura de dedos, tivemos a festa do magosto na que comemos castañas ata fartar e os compis de 6º EP viñeron contarnos un conto que nos gustou moito: "A castaña que rebentou coa risa". 

luns, 2 de novembro de 2020

O SAMAÍN en 4º E.I.

Esta semana as vagalumes de 3 anos fixemos varias manualidades relacionadas co Samaín. Bruxas, arañas, cabazas e pantasmas. 

domingo, 25 de outubro de 2020

Estampación cor corchos

Que ben o pasamos o xoves no taller de plástica ou no taller do outono, no que vos prefirades😉😉 facendo estampacións cor corchos. 



E O RESULTADO...


domingo, 18 de outubro de 2020

As follas do outono e o pegamento

Que ben o pasamos o venres rachando follas secas do outono e logo pegándoas. Costounos un pouquiño porque era a primeira vez usabamos o pegamento pero conseguímolo!!!


 

martes, 22 de setembro de 2020

Benvido OUTONO!!!

Hoxe comezou o outono e as vagalumes de 3 anos quixemos darlle a benvida pintando unha folla con pincel. Que ben o pasamos facéndoo!!!
(non estabamos todas, polo que cando as vagalumes que faltan fagan a súa folla poñerémolas fotos aquí)

domingo, 17 de novembro de 2019

Festas populares en novembro: peón e magosto

O pasado 11 de novembro festexamos o Día do Peón e o Magosto e para festexalos os vagalumes de 5 anos fixemos peonzas con hamas, cestiños para as castañas e caroutas de castañeiros e castañeiras. Serás capaz de recoñecerte?



 

domingo, 3 de novembro de 2019

Somos outono

Que estamos no outono xa o sabemos todos, non sí? Pero o que non sabemos é que os vagalumes de 6º de infantil nos transformamos en señores e señaras do outono. Mirade que guapísisim@s...














martes, 29 de outubro de 2019

mércores, 1 de novembro de 2017

SEMANA TERRORÍFICA!!

Ao longo desta semana, os vagalumes vivimos diferentes momentos e emocións: risas, sorpresas e algún que outro susto!! Do que sí non nos imos esquecer é do ben que o pasamos.
Mirade que recordos nos van quedar do noso primeiro Samaín no cole!!

Comezamos a semana pintando a nosa cabaza!





E rematámola coma verdadeiros Monstros!!





 Que medo!!!

luns, 23 de outubro de 2017

SAÍMOS Á CONTORNA EN BUSCA DE CASTAÑAS

A semana pasada, todos os nenos e nenas de Infantil saímos do cole en busca de castañas.
Foi un traballo difícil porque o chan estaba mollado e había moitos ourizos que nos complicaron a tarefa, xa que non faciamos máis que picar os dedos ao intentar coller as castañas!! 
Pero que ben o pasamos! Aquí tedes unha pequena mostra do que desfrutamos esa mañá.
















luns, 16 de outubro de 2017

OUTONO CHEGOU....

 O outono chegou ao corredor de infantil. Temos follas e froitos do outono como: avelás, castañas, améndoas, landras... e uns animaliños moi curiosos: un raposo, un oso, un ourizo e un esquío moi travieso. Tamén temos uns banderíns moi chulos que adornan o corredor feitos por todos os peques de infantil.




     Os vagalumes de catro anos fixemos tamén ao señor outono. Mirade que chulis quedaron.