xoves, 28 de maio de 2015

mércores, 27 de maio de 2015

Zume de pomelo

Hoxe os vagalumes de tres anos fixemos zume de pomelo...
Gustounos moito, pero algúns de nós tivemos que engadirlle un pouco de azucre porque nos sabía amargo.

martes, 26 de maio de 2015

Amorodos con nata

Hoxe, dentro do programa de distribución de froita nas escolas, tomamos amorodos. E con que se toman os amorodos para que estean ricos, riquísimos????? Pois con............ NATA. 
Así o fixemos; mirade, mirade: 

luns, 25 de maio de 2015

Froita fresca na escola

Durante esta semana disFRUTAremos da terceira semana de distribución de froita fresca no cole. Podedes ver as fotos premendo na imaxe


venres, 22 de maio de 2015

Cumpreanos de Bruno

Hoxe na clase de 4 e 5 anos estivemos de celebración porque o noso Bruno cumpre 6 anazos. Trouxonos un biscoito boísimo e uns agasallos moi divertidos. MOITAS FELICIDADES e MOITOS, MOITOS BICOS.










Bailando por miedo

Paul Klee pintaba usando liñas, puntos e figuras xeométricas. Un dos seus cadros é BAILANDO POR MIEDO e nós quixemos imitalo. Mirade que ben nos quedaron:















martes, 19 de maio de 2015

Circanelo

Hoxe disfrutamos dun espectáculo de maxia, teatro, danza,... xunto dos alumn@s primaria e os máis peques do concello. Pasámolo xenial. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.

luns, 18 de maio de 2015